Cultura non renovará o convenio que regula as visitas no Pazo de Meirás

Os propietarios teñen a obriga de legal de abrir o pazo ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, compareceu onte no Parlamento no marco da Comisión 4º de Educación e cultura para explicar liñas de traballo futuras do seu departmento. Alí, alén de bosquexar a continuación na delimitación dos Camiños de Santiago, deu a coñecer que non renovará o convenio coa familia Franco que regula a apertura ao público do Pazo de Meirás. En 2011, Cultura destinou 23.000 euros á este fin, contía que se reduciu a 21.200 euros en 2012. Fontes do departamento confirman que a non renovación do convenio implica que será a familia quen se encargue da apertura pública do recinto. A día de hoxe, a dirección xeral de Patrimonio está á espera de que a familia Franco, propietaria do pazo, facilite o calendario de visitas.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Pazo de Meirás

Cultura abrirá ao público o Pazo de Meirás “salvagardando a seguridade”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Educación, Dirección Xeral de Patrimonio, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)