No Diario Oficial de Galicia (DOG) sae publicada hoxe a relación de convenios asinados pola ConsellarÃa de Cultura con diferentes entidades ao longo dos últimos meses. Entre a relación de convenios asinados destacan dous: un coa familia Franco e outro co concello de Palas de Rei. Os dous teñen a mesma finalidade, que é a apertura ao público do Pazo de Meirás e do Castelo de Pambre, respectivamente. No primeiro caso trátase dunha addenda ao convenio asinado no seu momento e que destina 23.000 euros á apertura de visitas públicas ao devandito pazo. No caso do Castelo de Pambre, o convenio ten un importe de 14.000 euros para o mesmo fin.