Cultura taxará o castelo de Pambre para a o mercar

Roberto Varela sinalou que é "prioritario" abrir a fortaleza

3/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
14 lecturas | Compartido 0 veces

Malia a declaracións anteriores no sentido contrario, a Consellaría de Cultura negociará a adquisición do castelo de Pambre. O titular deste departamento, Roberto Varela, anunciou onte nunha visita a Palas de Rei que se desenvolveu un primeiro contacto cos actuais propietarios e que en breve se realizará unha nova taxación do conxunto, con vistas a negociar despois a súa adquisición. Varela calificou a apertura ao público desta fortaleza como "unha prioridade" e sinalou que o coidado e mantemento da mesma é "unha obriga" para o executivo.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Roberto Varela, Palas de Rei

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares