Cultura pretende esgotar o diálogo coa familia Franco para abrir Meirás

O BNG presenta varias iniciatiavas no Parlamento para que a Xunta force a apertura

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O debate sobre a apertura do Pazo de Meirás tivo onte dous escenarios. Un en Sada, onde o alcade, o nacionalista Abel López, denunciou atrasos na apertura do centro. E outro no Parlamento onde o BNG presentou unha serie de iniciativas alegando que a Xunta pode forzar a apertura do Pazo, declarado BIC hai un ano. A Consellaría de Cultura replicou a uns e a outros que a única “fórmula viable” para garantir as visitas é esgotar a vía do diálogo (hai unha xuntanza prevista para a vindeira semana) e que a “legalidade vixente non lle permite á Administración exectuar de oficio a apertura dunha propiedade privada”. Ademais, puxo como exemplo o Castelo de Pambre, en Palas de Rei, onde o seu propietario foi multado e a sanción non facilitou a súa apertura.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Castelo, Pazo de Meirás, Sada...