O castelo de Pambre abrirá a partir do martes 27 de setembro

A entrada será gratuíta ata final de ano.

23/9/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O castelo de Pambre, o monumento emblemático do interior de Galicia que leva varios anos en proceso de restauración, abrirá finalmente as súas portas o 27 de setembro. A visita será gratuita ata final de ano para despois contar cunha entrada "simbólica", segundo sinalou o alcalde de Palas de Rei e sinala hoxe El Progreso. Os primeiros en visitalo, antes mesmo da apertura oficial, foron os alumnos do IES de Palas de Rei. O compromiso do concello é que os escolares do municipio e os veciños sexan os primeiros en visitar o castelo despois da súa rehabilitación. Por outra banda, hoxe comezaron as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, elaboradas por Limiar Teatro e financiadas pola Deputación de Pontevedra. As visitas amosan aos visitantes varias épocas da vida do castelo e durarán ata o 23 de outubro. Todas as prazas están xa esgotadas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Palas de Rei, Teatro, Deputación de Pontevedra...