O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela clausurou a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) puxo fin a seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais. O xurado outorgou o Premio Planeta GZ ao realizador Berio Molina, por 'Furada negra', mentres que a película ' Quando a terra foge', de Frederico Lobo, gañou o premio Cosmos á mellor película do certame; 'Pupa', de Antía Carreira gañou o Premio Supernova e o xurado novo premiou o filme Portales, de Elena Duque, que tamén levou o Premio Cosmos de película máis anovadora. O público elixiu o filme 'El cuento de una noche de verano', de María Herrera.
A gala contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a concelleira de Xuventude, María Rozas; o director do festival, Pela del Álamo; así como representantes da corporación municipal e das entidades colaboradoras desta edición. Laia Abril, Brais Revaldería, Guillermo Galoe, Oliver Laxe e Kandgding Ray foron os protagonistas das sesión especiais do festival. Martin Messier, Oliver Laxe, Kangding Ray, ou Amelie Duchow, ademais de talentos galegos como Carme López e Irene Sáenz conformaron o cartel de espectáculos audiovisuais como parte da corrente do festival de pontes e xerar diálogos entre son e cinema.