Identidade á carta: As 40 en cultura

As propostas por representar a cultura galega en barallas multiplícanse nos últimos anos

  • Os naipes están a se revelar como un espazo especialmente fecundo á hora de facer representacións da nosa identidade colectiva. Case unha trintena de propostas diferentes seleccionaron nas últimas décadas iconas da cultura galega para nos repres...

A segunda edición do festival Imaxinaria chega á Coruña

O encontro de animación celébrase entre o 6 e o 10 de marzo na sede de Afundación

  • Coa recoñecida cineasta checa Michaela Pavlátová como madriña, este seis de marzo abre as súas portas na Coruña a segunda xeira de Imaxinaria, o festival internacional de animación de Afundación. O cineasta Alberto Vázquez coordina canda a M...

A RAG fecha o centenario de Manuel Murguía con dúas publicacións

Un catálogo da biblioteca do autor e un volume con contribucións sobre a súa figura poden consultarse na rede

  • A Real Academia Galega presentaba na mañá deste 2 de febreiro os dous volumes cos que fecha as celebracións polo centenario de Manuel Murguía. Entre páxinas cheas de historia: os libros de Manuel Murguía na Real Academia Galega é un catálogo ...

Tarabela Creativa estrea "Boa sorte, mala fama" este domingo en Lugo

A obra que xira arredor da emigración xurde dun traballo de dous anos de investigación

  • En "Boa sorte, mala fama", trázase unha liña de paralelismos entre as andoriñas e a emigración. A compañía Tarabela Creativa estrea este domingo, 4 de febreiro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo esta traxicomedia escrita e dirixida por Carmen...

Siro protagoniza a exposición Oitenta e un anos e un lapis na man

O Quiosco Alfonso da Coruña acolle esta iniciativa ata o vindeiro 31 de marzo

  • O Quiosco Alfonso da Coruña abría este 30 de xaneiro a exposición Oitenta e un anos e un lapis na man . O proxecto repasa a traxectoria pictórica de Siro López, coñecido ilustrador, caricaturista de humorista gráfico a través de 150 traballos...

O Museo de Pontevedra presenta a primeira programación da súa nova etapa

Berta Cáccamo, a chegada dos restos de Castelao a Galicia, Acisclo Manzano ou a Fundación María José Jove fan parte das propostas

  • A nova etapa do Museo de Pontevedra baixo a dirección de Ánxeles Tilve concrétase coa presentación da programación da entidade para este ano. Un grande peso de fondos propios, colaboracións coa Fundación María José Jove ou a conmemoración d...

A CRTVG aproba 25 proxectos de contidos para as súas redes

Destinará 300.000 para produción de contidos de público familiar e audiencias de nicho

  • A través da convocatoria que realizou de selección de produtos dixitais en galego, a CRTVG resolveu a produción de 25 proxectos destinados ás súas distintas canles dixitais, cun investimento de 300.000 euros. Os contidos "están creados especifi...

A Fundación Isla Couto pon na rede dúas obras que botan luz sobre o galeguista

Trátase do primeiro estudo colectivo sobre a figura de Xaime Isla Couto e das cartas do seu irmán Ramiro

  • O web da Fundación Isla Couto ten dispoñibles para a súa libre descarga dúas novas obras que permiten coñecer máis polo miúdo a figura e traxectoria deste histórico galeguista e mais do seu irmán. Xaime Isla Couto: Repensar Galicia, proxecta...

As datacions sitúan a primeira ocupación do castro de Esmelle no século III a.C.

O radiocarbono confirma o uso do poboado entre a Idade do Ferro e a época romana

  • Durante a recente intervención no castro de Esmelle (Ferrol), os investigadores da Cátedra de Arqueoloxía da Universidade da Coruña e o concello de Ferrol localizaron unha sucesión de estruturas. Á luz dos materiais atopados, todo parecía indi...

Godzilla en Ourense e o Photoshop analóxico

Unha exposición en Ribadavia repasa as orixinais montaxes fotográficas do histórico Augusto Pacheco

  • Durante 26 anos, entre 1948 e 1973, o fotógrafo ourensán Augusto Pacheco encargouse de publicar cada Día dos Inocentes unha montaxe fotográfica no xornal La Región . Este profesional da imaxe daba nesas obras renda solta á súa fantasía, a pó...

Teatro do Noroeste estrea As damas de Ferrol

A compañía revisita unha das súas montaxes históricas os días 1 e 2 no Teatro Jofre

  • "Unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan". Así presenta a histórica compañía Teatro do Noroeste a súa última montaxe As damas de Ferrol . O...

A RAG presenta unha serie sobre as mulleres das Irmandades da Fala

Nós TV publicou tamén tres vídeos sobre as colaboradoras da revista Nós

  • A Fundación Seoane, na Coruña, acollía este 7 de setembro a presentación de Irmás na Fala . Esta serie documental, que produciu a Real Academia Galega e foi realizada por Nós Televisión co apoio do concello herculino, retrata en catro episodio...

Nove proxectos reparten as axudas á aceleración en artes escénicas

A Agadic presentou este 27 de outubro as iniciativas que recibirán apoio desta convocatoria

  • ...e danza performativa De Corpos Presentes , abordará "a súa apertura a diferentes países de Europa e Asia, así como para a transformación dixital e mellora da xestión empresarial" cun apoio de 15.420 euros. Un programa de apoio á profesionalización do...

Curtocircuíto premia as producións galegas de Xacio Baño e Uxía Gayoso

O festival pechou a súa 20ª edición premiando á irania Maryam Tafakory por Nazarbazi

  • A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chega ao seu final cun acto de clausura no que se deron a coñecer os integrantes do palmarés desta 20ª edición. Xacio Baño, coa súa peza 'Non te vexo' recibiu o Premio CREA...

Unha roda vestida de seixo

Remata a intervención na roda prehistórica de Adai (Lugo) constatando a similaridade entre todas as xa escavadas

  • Un equipo da USC dirixido pola profesora Pilar Prieto remata a principios desta semana a intervención arqueolóxica no Castrillón, ou Corro dos Mouros en Adai (Lugo), un monumental xacemento circular da Idade do Bronce. Con oito rodas escavadas nos...

Rodas de vivos ou rodas de mortos

A intervención na roda de Vilarello (A Pobra do Brollón) revela unha posible aldea fortificada da Idade do Bronce

  • Existe un gran debate ao redor da función das enigmáticas rodas que nos últimos anos están sendo descubertas ao longo do territorio galego. Ausentes da memoria e da tradición oral, os investigadores téñense decatando por un uso funerario ou ce...

O Jazz de Ría crece ata Valdoviño na costa Ártabra

Presentouse o programa da sétima edición para os vindeiros 18 a 21 de agosto

  • A sétima edición de Jazz de Ría ven de presentar o seu programa, que se celebrará do 18 ao 21 de agosto en escenarios de Narón, Neda, Cedeira e Valdoviño, que este ano se incorpora ao festival. Un ano máis, o Jazz de Ría tinguirá coas cores ...

O Día das Artes 2024 dedicarase ao escultor Francisco Asorey

A Real Academia de Belas Artes decidiu dedicarlle a efeméride ao cambadés

  • A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), na sesión ordinaria celebrada este pasado sábado no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), decidiu, tras votación regulamentaria, homenaxear ao longo do 2024 e, en especial, no Día das Artes G...

O fenómeno Luís Davila

O premio Trasalba recoñece a traxectoria dun humorista gráfico que se constituíu como un referente xeracional

  • O domingo 25 de xuño Luís Davila recolle o Premio Trasalba. A distinción que outorga a Fundación Otero Pedrayo recae por vez primeira nun humorista gráfico e pon de relevo unha figura que comezaba a súa carreira hai un cuarto de século. Desde ...

Os Bolechas e O cubo completan a nova xeira de FalaRedes

O programa de dinamización lingüística para a infancia desenvolve unha vintena de actuacións ao longo do verán

  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou ao longo da última semana as actividades que completan a xeira do programa FalaRedes . Esta proposta de dinamización lingüística para a infancia incorpora o espectáculo Os Bolechas deporti...