Os naipes están a se revelar como un espazo especialmente fecundo á hora de facer representacións da nosa identidade colectiva. Case unha trintena de propostas diferentes seleccionaron nas últimas décadas iconas da cultura galega para nos representar neste formato, unha tendencia que semella ir a máis nos últimos anos. Desde recreacións da clásica baralla española ata xogos como o recente O Ghaiteiro petroleiro condensan elementos do noso patrimonio e historia deste xeito.
No comezo deste 2024 a asociación Unha Gran Burla Negra está a presentar por todo o país O Ghaiteiro Petroleiro un xogo que codifica nunha baralla de cartas unha boa colección de personaxes e mitos galegos. San Ero de Armenteira, o Ravachol, a Vella dos tempos dos mouros ou as Pedras da Barca combínanse con "Hilillos de plastilina", Xeradores Eólicos, O Dinoseto, o Cocido de Lalín, Manuel Fraga, Sito Miñanco, o Globo de Betanzos Toda unha colección de 125 elementos que se organizan en criaturas, alimentos, trebellos, meigallos e tesouros. En conxunto, a proposta agocha unha colección de iconas nas que se dá unha aposta clara por representar unha identidade complexa na que conviven ítens históricos e etnográficos con cuestións de actualidade, da cultura popular e, en particular, a catástrofe do Prestige e os problemas ecolóxicos que enfronta o noso país.
Regras propias
O Ghaiteiro Petroleiro é un xogo con regras propias que non segue as feituras das barallas convencionais. Segundo explica Germán Labrador, un dos responsables do proxecto "é un xogo que calquera aprende nunha partida. Resulta unha proposta moi imprevisible xa que a partida nunca chega a estar decidida, nunca tes o control completo do que acontece na mesa". Na base desta proposta mestúrase a experiencia previa do equipo con xogos de mesa e de estratexia co coñecemento doutras propostas lúdicas para reivindicar imaxinarios culturais. "Os que coñeciamos dese tipo carecían algo de carga política para o noso gusto. E ese é o terceiro elemento que queríamos empregar. Tentamos desenvolver algo que combinase o pracer do propio xogo cun mundo de referencias propias e un pensamento serio da cultura", sinala. Desde o comezo a aposta polo formato baralla, un ámbito que o colectivo promotor coñece ben, estaba na base da iniciativa. "Hai toda unha tradición de barallas políticas e artísticas, desde tarots a lotarías. Tratáse dun xénero gráfico específico que nos interesaba moito", lembra Labrador. "A oportunidade de facer a mostra Las cartas sobre la mesa La memoria del Nunca Máis y las barajas políticas" en 2022 no Museo Reina Sofía, comisariada por el, Xosé Carlos Hidalgo, e Daniel López Abel, "foi a excusa que acabou de determinar o formato".
Representación gráfica do país
Á hora de concretar a idea "faltábanos o proxecto artístico, pensamos en encargar todo o traballo de ilustración a unha soa persoa, pero déronnos a idea de traballar cada unha das cartas como unha peza artística singular e tiramos por aí". Deste xeito na baralla combínanse diferentes estilos gráficos e autorías ata un total de 80 nomes, algúns dos cales asinan varias pezas, a achegar "unha pequena histórica da gráfica política galega". Traballos de Castelao, de Díaz Baliño ou unha miniatura das Cantigas de Santa María danse cita coas creacións de artistas en activo. "Este era un xeito de traer de volta imaxes vencelladas ao proxecto do Prestige, gráfica política da época, viñetas e dispositivos de protesta". Canda a estas, "contamos con xente moi nova, que nalgúns casos nin chegaron a coñecer o movemento de protesta" contra a marea negra. Esta combinación artística pretende ser "un xeito de se apropiar da memoria e facer desde hoxe unha representación do que significan determinados elementos da Galicia actual. As artistas da baralla levaron ao seu terreo figuras, imaxes e iconas que lles encargamos dándolles un contido ás veces imprevisto. Ao final o proxecto é un mostrario das olladas que convidamos". Canda a isto, "cada carta ten unha cita de poetas, refráns, cancións e frases da cultura popular ou mesmo dos medios de comunicación. Ao final iso que chamamos país é un conxunto de referencias, símbolos e realidades que compoñen un imaxinario".
Unha galería de arte no peto
A partir desta experiencia, Labrador reivindica que "a baralla no fondo é unha exposición en miniatura, cada carta opera como un lenzo nesa exposicion portátil. Unha das sorpresas que levamos con este proxecto foi descubrir a cantidade de cousas que se poden meter nunha carta". De xeito máis concreto, no Ghaiteiro Petroleiro, "esas 125 iconas representan un país portátil. Alimentos básicos da dieta galega, criaturas imaxinarias, espazos patrimoniais, dinámicas contemporáneas, forzas e axentes políticos, iconas culturais compoñen un glosario poético da Galicia de hoxe no contexto da crise ecosocial e climática global". Neste relato "hai tensións políticas e ecolóxicas moi fortes que se activan coa memoria do Prestige e contectan con cousas que acontecen hoxe como os proxecto de macroeólicos, a minaría intensiva ou o Covid. Xogar tamén permite reimaxinar o país" a combinar os elementos presentes na baralla.
Barallas galegas
No entanto, non é esta a primeira vez que se tenta reflectir a identidade galega nunha colección de naipes. Desde hai anos van aparecendo no mercado diferentes propostas con este formato que apostan por recoller iconas da nosa cultura. Alén dos xogos creados especificamente, existe unha destacada colección de produtos que adaptan a habitual baralla española á nosa idiosincrasia. Desde propostas foráneas como as que realizaron entre os anos 70 e 80 firmas como naipes Zaca ou a celebérrima empresa Heraclio Fournier ata barallas de autor como as que asinaron Xosé Cobas ou Pinto e Chinto, non faltan propostas na que os naipes actúan como transmisores da nosa historia e identidade. Alén das adaptacións máis xenéricas, existen tamén outras centradas en aspectos específicos como o Baralho Suevo, publicado pola asociación Gentalha do Pichel, ou a Baralla de Pedra, que convida a coñecer o mundo da nosa lírica medieval. A estas cómpre sumar aínda xogos creados especificamente para este formato que repasan tamén a nosa historia e mitoloxía e historia. Ophiusa o país dos mil ríos, Galiza no tempo, O Gatipedro ou Mitogali son propostas neste sentido. E non podemos esquecer tampouco o xeito no que as barallas son empregadas como un xeito de dar a coñecer o noso patrimonio natural, unha variedade que conta con numerosos exemplos.
Recreacións da baralla española
A analizar a proliferación de propostas que apostan por este formato a reproducir iconas vencelladas á nosa cultura, Labrador sinala que "nos últimos demos déuselle pábulo a toda unha serie de barallas galegas que na realidade son copias dun tipo de barallas folclóricas que saíron nos anos 80 no contexto da autonomía. Bancos ou empresas leiteiras lanzaron este tipo de produtos nos que, no canto de bastos había bordóns de peregrino ou cousas similares". Segundo advirte, "Xa nos anos 30 outros proxectos de barallas autonómicas, e chegaron a saír unha vasca e unha catalá da man de Fournier, a conmemorar a aprobación dos respectivos estatutos durante a II República. No caso da galega houbo que agardar ata os anos 80 para que saíse".
Como galeguizar unha baralla
Nas apostas por integrar a nosa identidade colectiva ao adaptar a baralla española resulta habitual a escolla dunha serie de elementos gráficos que pretenden deixar claro o carácter galego destas adaptacións. Deste xeito, a representación de monumentos como a Catedral de Santiago ou a Muralla de Lugo, canda a paisaxes recoñecibles das cidades galegas repítense en varias propostas deste tipo. Tamén se recrean con profusión persoas con traxes tradicionais ou personaxes propias do Entroido a ocupar o lugar das habituais figuras. A elas súmanse personaxes históricos, como reis e raíñas, autores e autoras literarias e mesmo santos a ocupar estas funcións. O patrimonio histórico tamén se ten representado con referencias castrexas na iconografía de algúns destes xogos, tanto na forma das espadas como nas figuras. Outra das adaptacións máis comúns está na adaptación dos paus da baralla para incorporar elementos gastronómicos. Cuncas de viño e vieiras aparecen como os máis populares neste sentido, pero non faltan lacóns ou mesmo pementos de Padrón nas tentativas por galeguizar os xogos de naipes.
Tarots do país
Fronte a estes propostas cita os que considera antecedentes máis próximos de O Ghateiro Petroleiro. "Os proxectos máis interesantes de barallas políticas galegas son os dous tarots de publicou Edicións do Castro por encarga de Díaz Pardo, unha ilustrada por Xosé Vizoso e outro por Ulises Sarri". Segundo lembra Labrador estes autores "fan unha adaptación do universo do tarot á cultura galega, a incluír arcanos como a matanza do porco. Realizan codificacións culturais do tarot desde o noso imaxinario, cunha potencia enorme".
Reinvención constante
O impacto relativamente pequeno que historicamente tiveron este tipo de produtos fixo que pasasen desapercibidos no conxunto do país. Boa mostra disto é que semella común entre as persoas que apostaron por crear novas barallas galegas non ter consciencia da existencia de proxectos previos similares. Segundo apunta David Cuence, ilustrador de Barallada, unha versión da baralla española publicada en 2021. "Cando a fixen non coñecía ningunha outra baralla galega agás a do Prestige que fixera a plataforma Nunca Máis". A súa proposta substitúe as figuras con peliqueiros, lobishomes e sereas, e os paus desta volta pasan a ser representados por anzois, forcas, torques e figas que se vinculan aos orixinais polas súas cores. Segundo apunta o autor "marcan a realidade cultural da nosa terra a representar a agricultura, a pesca, o patrimonio e a artesanía". Na súa aposta, Cuence recoñece que "tratei de gardar unha estética inspirada na famosa baralla de Fournier". "As tres figuras finais de cada pau digamos que as convertín en entidades da nosa cultura simplemente atendendo a o que me evocaban as famosas figuras retocadas por Augusto Rius" que están na base da tradicional baralla española, explica. Tamén coma el, Alejandro Mosquera, autor doutra baralla galega presentada en 2019 recoñece que "foi unha vez que a tiña feita que vin que existían outras propostas similares. A min a idea deuma o pai dun amigo e pareceume boa", sinala.
Adaptarse ás iconas
Malia á difusión limitada, semella que este tipo de produtos conseguen unha boa aceptación. Así, Cuence salienta que a recepción de Baralla "foi moi boa. A xente di que hai que se afacer a ver os novos paus pero a estética resulta moi axeitada". Tamén Mosquera salienta que "ao vela, todo o mundo ten na cabeza que se trata dun xogo clásico levado á nosa cultura". Á hora de abordar un proxecto destas características existe unha importante limitación de formato, tanto polo tamaño dos naipes e o seu número, como por ter que se adaptar a unha serie de figuras icónicas moi marcadas, de xeito que os naipes resulten axeitados para o seu uso no xogo e non xeren confusión nas persoas participantes. Neste sentido, Mosquera sinala que á hora de escoller as súas propias figuras e estilo de ilustración "tentei que houbese unha similitude cos paus clásicos por forma e cor, e logo que o tema fose galego. Tamén procurei unha diversidade nos símbolos. Do mar metín a vieira, o campo a fouce e da gastronomía a cunca e o pemento" a representar os diferentes paus. "Cando as tes nas mans é fácil extrapolar a clásica porque teñen cor e forma parecidos. Tamén pensara en grelos no canto de pementos, e en centolos ou cousas similares". A súa aposta incluíu tamén unha subversión das figuras tradicionais. "As clásicas teñen o tema da xerarquía aristocrática e son masculinas, e interesoume rachar con iso, tirar máis pola mitoloxía do pobo". Así, todas as figuras da súa baralla son de mulleres "e a principal ademais é unha gaiteira, que mesmo no pau das fouces aparece coa cabeza cortada do rei".
Transgredir coas familias
Este mesmo autor adaptou tamén a identidade galega a outra baralla, nesta ocasión a que se emprega para o xogo das familias, con diferentes membros dun mesmo clan unidos por características comúns. Ademais de achegar os oficios destas familias á sociedade galega, a proposta retrata tamén paisaxes de cidades do noso país no fondo que acompaña as figuras cando estas se poñen xuntas. "Pensei que era bonito a partir dese xogo achegar unha visión máis complexa da sociedade galega. Os agricultores, os gandeiros ou os mariñeiros son máis clásicos, e tiñan que estar. Pero logo quixen incorporar os oficios do téxtil como algo máis contemporáneo", explica. A proposta non obvia as crícitas a esta industria ao incluír unha nena de aspecto indio a traballar nun taller de costura. "A familia nin sequera é da mesma cidade, é unha empresa transnacional e con iso tamén amosamos que o traballo é identificativo pero tamén ten partes crúas. Do mesmo xeito con outras familias tento transmitir que o tradicional é bonito pero que tamén está romantizado". Canda a esta, unha familia de seres mitolóxicos racha a identificación por oficios do xogo "son seres que fan tamén parte da cultura e tamén fan que a baralla sexa algo diferente". A estas súmase unha familia de artistas nas que se atopan figuras como Rosalía, Castelao, Seoane, Yosi ou Cristina Pato. Estes últimos "identifícanse coa paisaxe de fondo que se forma ao xuntar todas as cartas, que neste caso é Ourense. Quixen mesturar artes máis intelectuais e de salón con algo máis popular darlle tamén un punto macarra. Unha banda de rock tamén é cultura".
A selección
Á hora de codificar a cultura nunha serie de iconas, Labrador apunta que a selección de elementos para o Ghaiteiro Petroleiro foi un traballo colectivo. "Cadaquén ten unha imaxe do seu país ou da súa cultura na cabeza, feita de moitas conversas e referencias cruzadas, algunhas xeracionais e outras moi persoais. O resultado final obedeceu a moitas conversas", apunta. Na selección "hai unha vontade de se recoñecer" nos elementos escolleitos, pero tamén "de aprender, hai cousas que non son evidentes para todo o mundo. Está por exemplo o Mono Paco, que tivo a súa conexión coa Movida de Vigo. Coa súa inclusión amosamos tamén a vontade de transmitir esa memoria. Outras, como Pepito Meijón, que facía petróglifos contemporáneos, poden ser coñecidas localmente. Nese sentido, as cartas actúan como unha oportunidade ampliar referencias. Tamén a nivel gráfico hai iconas que poden recoñecerse e outras que xeran estrañamento". Como base para os seus proxectos neste campo, Mosquera gusta de "coller referencias de xogo que son doutras culturas e traelos á nosa. Ten un punto de ir contra a globalización. Cousas como a matrioska, que é rusa, lévoas ao noso, apropiámonos do que é doutros para o noso contexto".
Vindeiras barallas
De cara ao futuro, cabe agardar novos proxectos neste estilo. Mosquera sinala a súa intención de continuar a exploración dos xogos como base para o traballo gráfico, xa que considera a interactividade deste formato como un activo para chegar ao público. "As láminas ou outro tipo de ilustracións non teñen este compoñente de xogo, e pareceume interesante explorar este campo". Da banda de Unha Gran Burla Negra, pola súa banda, o obxectivo agora mesmo "é que a xente xogue. A acollida que está a ter a baralla está a ser moi boa", explica Labrador. Recoñece ademais que "hai pensadas moitas cartas para unha posible ampliación, e ideas de como lle dar unha volta ou mesmo facer outros xogos", adianta. Como cuestión pendente "gustaríanos traer a Galicia esa exposición que se puido ver no Raíña Sofía e presentala como unha historia gráfica das propias cartas, a xuntar xogo, gráfica e política". Canda esta, con certeza non deixarán de aparecer novas propostas que leven a identidade ás cartas e que permitan cantar as corenta en cultura.