Chegan ao mercado novos xogos de mesa en galego de cara ao Nadal

Sálvora, Galiza no tempo ou Invisibilizadas exploran de xeito lúdico a historia

| Santiago. Xermán Hermida | Seccións: Historia
Compartir:
Sálvora. Fonte: Brazolinda Xogos

Sálvora. Fonte: Brazolinda Xogos

A se achegar as festas de Nadal, multiplícanse as presentacións de xogos na nosa lingua e vencellados á nosa historia. Neste 2023 súmanse á oferta dispoñible neste campo Sálvora de Brazolinda Xogo, Galiza no tempo de OzocoGZ e mais Invisibilizadas, co que a cooperativa Atalaias convida a coñecer mulleres destacadas da historia.

Sálvora, o último lanzamento de Brazolinda xogos, parte do suceso histórico do naufraxio do vapor Santa Isabel nesta illa en 1921. O obxectivo das persoas participantes é salvar o máximo de superviventes desta catástrofe nun lanzamento que aposta polo xogo cooperativo de estratexia e que quere pór en valor "a importancia do esforzo e a colaboración en momentos complicados".

Pola súa banda, OzocoGZ acaba de presentar Galiza no tempo. Este xogo convida a coñecer a historia do país mediante unha baralla de cartas que representan acontecementos destacados do noso pasado. Cada participante debe colocar na orde cronolóxica correcta as cartas que ten na man para ser o primeiro en quedar sen elas.

Cunha mecánica similar a cooperativa Atalaias presentou o proxecto Invisibilizadas. Este proxecto, segundo da súa serie Feminismos no tempo convida a situar na orde cronolóxica correcta unha serie de mulleres destacadas na historia.

Tamén está dispoñible para estas datas Cordadas, un xogo tamén de cartas editado por Muki Xogos en edición bilingüe en galego e castelán no que cada intervinte deberá loitar por chegar primeiro a un cumio a empregar todo tipo de trucos contra os seus rivais.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Xogos con identidade

Ver serie completa
Identidade á carta II: Galería de barallas galegas

Identidade á carta II: Galería de barallas galegas

Repasamos unha trintena de propostas que achegan elementos da nosa cultura ao formato naipe

Identidade á carta: As 40 en cultura

Identidade á carta: As 40 en cultura

As propostas por representar a cultura galega en barallas multiplícanse nos últimos anos

Tempo de xogos míticos

Tempo de xogos míticos

As propostas lúdicas que teñen como eixe a mitoloxía galega cobran forza no panorama cultural

Xogar a identidade

Xogar a identidade

Novas propostas lúdicas integran a lingua e o imaxinario do país

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Sálvora, Mulleres

Claves

Conceptos
Lugares