Recórtase a oferta de cursos e de probas do CELGA

A plataforma Galiza co Galego anuncia unha rede de escolas na nosa lingua para o vindeiro curso

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Mesa pola Normalización denunciou que neste 2011 a Xunta vai convocar 45 cursos menos para preparar o Certificado de Lingua Galega. Segundo este colectivo, os 140 convocados non van cubrir a demanda social ao respecto. Ademais, só vai haber un único exame para obter este título en todo o ano. Ao tempo, o colectivo Galiza co Galego anunciou que de cara ao vindeiro curso porá en marcha a proxectada rede de escolas en galego con centros nas catro provincias. O voceiro da plataforma adiantou que xa contan con 230.000 dos 300.000 euros que estiman necesarios para iniciar o proxecto.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Lingua galega

Claves