Baixan ata o 2,42 por cento os centros infantis que ofertan galego nas cidades

A Mesa pola Normalización presentou o seu estudo sobre a presenza da lingua nestes espazos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Son só sete as escolas infantís que desenvolven a súa actividade maioritariamente en galego no conxunto das cidades de Galicia. Para mais, a porcentaxe de centros para os máis que apostan pola nosa lingua baixou do 3,19% en 2012 a só un 2,42% no curso 2013/14. A Mesa pola Normalización facía onte público o seu estudo sobre esta cuestión, no que sinala que Compostela, con cinco centros que apostan polo galego, e Ourense, con dous, son as únicas cidades que contan con oferta neste sentido.

Para alén dese 2,4%, só o 4,15% dos mestres declara impartir a metade das horas lectivas na nosa lingua, mentre que o 94,43 restante empregan maioritariamente o castelán e só dous centros chegan a un terzo do tempo en galego. Ademais, só 11 dos 289 centros de infantil consultados pola Mesa declararon dispor de materiais na lingua do país.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Ourense, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos