A Mesa denuncia a situación do galego no Esino Infantil

Medra a exclusión da nosa lingua nos centros urbanos, segundo a asociación

27/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
59 lecturas | Compartido 0 veces
O emprego do galego nos centros de ensino infantil das sete cidades galegas está a diminuír. A Mesa pola Normalización Lingüística presentaba o seu terceiro estudo sobre a situación do galego nas aulas de Educación Infantil de 3 a 6 anos, no que compila datos de 269 centros deste tipo. Por vez primeira, segundo recolle este estudo, existen establecementos deste tipo que recoñecen no empregar nunca o galego, e supoñen o 40% do total analizado. A incluír estes, o número de centros que empregan de xeito "moi maioritario" o castelán ascende ao 75,84%. Por cidades, Vigo, Pontevedra e Ourense son os lugares onde, segundo a organización, se dá unha maior exclusión do galego.
A asociación denunciou as trabas que atopou en diferentes centros públicos e privados para recabar datos para o informe, e apunta que o casos nos que non obtivo resposta computáronse como "maioritariamente castelán". Na presentación destes datos, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, denunciou que "o nivel de estranxeirización do galego é tal, que hai máis centros con materiais en inglés que en galego".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego