O final de 2024 viu chegar ao mercado dúas novas propostas de xogos de cartas en galego. A serie Feminismos no tempo, do que o colectivo AtaliAS publicara xa dúas entregas, conta xa cunha terceira. Galegas convida, ao igual que as anteriores a situar cronoloxicamente acontecementos do movemento feminista do noso paÃs.
A nova entrega conta con 55 cartas que se poden combinar coas entregas anteriores para artellar unha única baralla de acontecementos ou persoas da historia do movemento feminista.
Cunha mecánica similar, Máis Galiza no Tempo supón unha nova entrega deste xogo, que tamén chama a situar no seu momento diferentes feitos da historia do noso paÃs. Ao igual que Galegas, a nova baralla que presenta a empresa OZOCOgz conta con 55 cartas que se poden combinar coa anterior entrega do proxecto.