Desde hai un tempo asistimos en Galicia á recuperación de xogos tradicionais. Un Centro de Interpretación de Xogos Populares, iniciativas editoriais, e mesmo un coleccionable serven para espantar a desmemoria. Pero estas iniciativas non teñen só un valor nostálxico, senón que son unha boa forma de documentación á que acoden algunhas das empresas de vangarda do paÃs, á hora de facer os seus videoxogos. Desde o xogo da billarda ata o videoxogo “Lixeiriño” atopamos en Galicia iniciativas ben curiosas.
A imaxinación é un dos principais aliados no xogo. Sexa do tipo que sexa a actividade, ben de mesa, de estratexia, de azar.... En Galicia documéntanse a existencia dunha grande cantidade de xogos, xa non só infantÃs senón tamén para maiores, que tiveron unha fonda raizame social e aÃnda que con trazos comúns mantiñan caracterÃsticas diferenciadas en cada zona. Algúns desas formas de lecer perdéronse e, desde hai tempo, institucións públicas e privadas están a desenvolver unha loita contra a desmemoria. Pero non é un proceso illado; no PaÃs Vasco, en Cataluña, pero tamén na Bretaña, en Flandres, na Provenza, estanse a desenvolver iniciativas semellantes.
Os xogos do pasado
Os bolos ao canteiro, os carriños de nabo, a petanca, a billarda, os estalotes ou o Xan do Outeiro son os nomes dalgunhas das formas coas que os nosos antepasados escorrentaban o tempo. Con paos, mazaricos, moedas, caramelos, landras e cordas, os nenos (ben en solitario ben en grupo) foron albiscando formas de pasalo ben. Hoxe en dÃa existe en Velle (Ourense) un Centro de Interpretación de Xogos Populares, onde xa non só recompilan vellas prácticas lúdicas, senón que ademais practÃcanas. A Asociación Socio-Pedagóxica Galaico Portuguesa é a responsable deste proxecto, e leva desde 1981 organizando encontros de xogos populares. De feito, teñen realizado xuntanzas en Santiago, e en municipios de Portugal como Vila Perdices ou Vinhais.
E non só iso, desde 2001 atópanse á venda tres libros que amosan as regras dos divertimentos (ademais de analizar a súa importancia no contexto sociocultural). Son “Chirlosmirlos” de Antón Cortizas (Xerais); “Xogo popular galego, educación e identificación cultural” de Paco Veiga (Sotelo Blanco) e “O libro dos xogos populares galegos” (tamén de Sotelo Blanco), que deu lugar a unha colección de xogos que distribuÃu “La Voz de Galicia”. Aproveitando o libro editado por Sotelo Blanco, “La Voz” puxo nos quioscos 106 xogos, coas súas correspondentes fichas, que aÃnda se practican en diferentes recunchos de Galicia.
Os do futuro
Pero xogar non é só materia da tradición; por iso, numerosas empresas galegas souberon adaptar as necesidades de esparexemento e de lecer coas novas tecnoloxÃas. A primeira en abrir unha fenda foi Dygra co seu “Bicho” que tivo moita aceptación malia ser un producto de nova creación e case en fase experimental. Unha vez que Dygra amosou que era posible, outras empresas, con menos potencial, e moito menos coñecidas foron facendo as súas probas. “O misterio das sete pezas” (Imaxin Software), concibido para un concurso para dar a coñecer a cidade de Santiago, foi outro claro exemplo. Aproveitaban as influencias de xogos de estratexia que se estaban vendendo moi ben no mercado dos videoxogos, como os de Lucas Arts, e dentro deles o Monkey Island. Ou, por poñer outro máis recente, “Lixeiriño, misión en Narón”. Outra vez un videoxogo con fins educativos. Neste caso o obxectivo non é acumular puntos, senón separar o lixo en función do tipo de residuo xerado.
E os outros
Pero ademais dos tradicionais e dos tecnolóxicos, hai outras iniciativas radicadas en Galicia que teñen moito que ver co lecer. A máis recente e rechamante é “EmotrionsOnCards”, que é un xogo de mesa que xorde, segundo a empresa de Brión Triagol Strategy, “para poñer sobre as mesas de xogo do mundo a forza das emocións humanas”. A forza, a bondade, a furia, o amor, o odio, en cartas de mesa e en varios idiomas. Pero Emotrions non é unha iniciativa puntual desta nova empresa, senón o primeiro chanzo dun mundo de xogos de estratexia que ofrecerá en versión de mesa e en liña, para que todos poidamos xogar desde diferentes partes do mundo.