A Libraría Lila de Lilith gaña o "I Premio Begoña Caamaño" á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade

O premio ten unha dotación de 6500€

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Libraría de Mulleres Lila de Lilith é a gañadora do Premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade da área de Cultura da Deputación da Coruña na súa primeira edición, e que está dotado con 6500€. O xurado destacou a condición de "espazo cultural de referencia para o feminismo" da libraría con sede en Santiago de Compostela e supón "un punto de encontro e traballo dos feminismos, unha aposta económica en momento de crise en que a actividade feminista e cultural era escasa, que contribuíu a dinamizar urbanística e economicamente a súa contorna demostrando que o feminismo é unha alternativa que xera traballo e riqueza cunha demanda consolidada no tempo". Insistiu na súa condición de "única libraría feminista de Galiza que é xa un referente na cultura pola igualdade".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Begoña Caamaño, Mulleres, Deputación da Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos