A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o fallo da segunda edición do Premio Begoña Caamaño, que recoñece proxectos culturais pola igualdade. A organización non gubernamental Implicadas no Desenvolvemento e a proposta Elas tamén pintan foron as galardoadas nesta xeira cos 6.500 euros do galardón. O xurado destacou que as dúas propostas defenden unha "perspectiva feminista cun grande impacto". Con respecto a Implicadas no Desenvolvemento, sinala "unha traxectoria sólida de vinte anos no ámbito da cooperación cultural, con proxectos de especial interese no encontro de culturas" cos se se "poñen en cuestión as relacións de poder e hexemonÃa cultural". En canto a Elas tamén pintan valorouse o ser "unha iniciativa promovida por xente nova que, mesmo cunha traxectoria aÃnda curta, presenta unha aposta clara nun ámbito moi novedoso e atractivo en que levan a ilustración ás rúas cunha presenza importante das mulleres e a implicación dos barrios en que actúan".
O xurado estivo formado pola profesora da Universidade de Santiago e especialista en estudos feministas, MarÃa Xosé Agra Romero, a doutora en Dereito pola USC, música e promotora de proxectos culturais, Belén Bermejo, a compositora, vocalista e instrumentista Mercedes Peón, a xornalista Fernanda Tabarés e a responsable da librarÃa de Mulleres Lila de Lilith, gañadora da primeira edición, coa xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn Rei en calidade de presidenta.