Santiago homenaxea á escritora María do Carme Kruckemberg

A libraría feminista Lila de Lilith louva a vida e obra da poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Santiago homenaxea á escritora María do Carme Kruckemberg

O vindeiro venres 29 de maio, ás 20 horas, a libraría feminista Lila de Lilith de Santiago acolle a que será a primeira homenaxe á escritora María do Carme Krukemberg, poucos días despois do seu falecemento, o pasado 16 de maio. Este evento será presentado pola escritora Mercedes Queixas, grande coñecedora da obra e a figura de Krukemberg e autora da súa biografía Vivir, unha aventura irrepetíbel (Galaxia, 2011).

Aos 88 anos e despois dunha intensa vida e unha ampla traxectoria literaria da que fican os seus trinta libros escritos, falecía María do Carme Kruckenberg. Coñecida literariamente pola súa produción poética, Kruckenberg desempeñou tamén un importante labor no campo do activismo feminista.

Lila de Lilith é unha libraría de mulleres situada na zona vella de Compostela que mixtura un espazo de venda de libros de feminismo con exposicións e actividades. Neste evento homenaxe á escritora Medalla de Galiza, Medalla Castelao e Premio Laxeiro, relizaránse lecturas de textos, compartindo experiencias arredor da autora, con música ou da maneira que se queira contribuír a homenaxear á poeta.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Andaina 64

Quiosco: Andaina 64

A revista de pensamento feminista inicia unha nova época co seu novo número

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Queixas, Laxeiro, María do Carme Kruckenberg, Castelao...