Quiosco: Andaina 64

A revista de pensamento feminista inicia unha nova época co seu novo número

20/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: quioscosociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces

A libraría compostelá Lila de Lilith acollía na tarde de onte a presentación do número 64 da revista Andaina. A rematar o ano do seu 30 aniversario, a veterana publicación de pensamento feminista inicia con esta entrega unha nova época na que a edición en papel terá menor peso. A equipa que desenvolve a revista apostará a partir de agora pola edición dixital cada dous meses de artigos nun web remozado que se complementará co lanzamento dun anuario. Cuestións como a violencia machista, a precariedade ou unha entrevista a dúas das responsables da propia publicación son algúns dos temas que se tratan na nova entrega.

Universo culturagalega.gal

25/11/2011

Quiosco: Agália 101

A revista inicia unha nova etapa a cumprir os estándares de publicación científica internacional

Universo

Escenarios
Claves temáticas