A publicación feminista "Andaina" celebra os seus vinte anos mentres se presenta en Compostela a revista "Murguía"

Andainas e Murguía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai xa vinte anos que saía a rúa en Compostela o primeiro número de "Andaina", a revista galega de pensamento feminista. Estes días, a publicación celebra o seu aniversario cunha mostra que reúne carteis e portadas de todo este tempo, no que a revista non faltou unha soa vez á súa cita cuadrimestral. E mentres, tamén en Compostela se presenta "Murguía", revista da Asociación Galega de Historiadores que rende homenaxe ao pai da historiografía moderna galega.

Máis información sobre o aniversario de “Andaina” en Galicia Hoxe e no web de Andaina; sobre a revista Murguía en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Andaina 64

Quiosco: Andaina 64

A revista de pensamento feminista inicia unha nova época co seu novo número

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela