
Do mesmo xeito, o fallo salienta a "proposta arriscada e innovadora que explora o efecto multiplicador do teatro e a capacidade que este ten para a transformación social", e apunta que "A PanadarÃa leva a súa creación por diferentes espazos, non sempre amábeis, e amosa unha estética fondamente feminista de traballo corporal comprometida coa diversidade sexual e cun aproveitamento extremo de escasos recursos". Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro conforman esta compañÃa fundada en 2013 e que obtivo xa múltiplos recoñecementos polo seu traballo.
O comité de selección do premio estivo composto por LucÃa Canoura, do Observatorio Mariña Pola Igualdade, gañador da pasada edición do premio, a profesora especialista en Igualdade de Xénero, Carme Moure, a actriz e escritora Iria Piñeiro, a escritora e experta en xénero e desenvolvemento, MarÃa Reimóndez e a xestora cultural feminista, Clara R. Cordeiro, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria,