Ao longo dos anos diferentes iniciativas teñen levado a identidade galega aos naipes. Sexa mediante adaptacións das barallas tradicionais ou a crear xogos con regulamentos específicos e gráficas propias, unha ampla variedade de barallas representan a nosa cultura. Repasamos unha trintena de barallas que, desde diferentes ámbitos, contan con compoñentes galegos.
Naipes Zaca
A empresa Zaca conta tamén cunha proposta neste sentido con cuncas como copas e lacóns como bastos. Figuras a representar guerreiros da Idade do Ferro e debuxos como a Praza da Leña de Pontevedra, a Muralla de Lugo, a Avenida da Mariña da Coruña e as Burgas de Ourense completan esta curiosa proposta, que viu a luz en 1975 como unha baralla promocional da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.
Xogo de cartas galego. Fonte: Naipes Zaca
Xogo de cartas galego no web de Naipes Zaca
O Tarot Sarry
Ediciós do Castro publicou en 1977 esta baralla de 48 cartas na que o ilustrador Ulises Sarry presenta "o Tarot coa sua feira de arcanos maiores e menores". O Pelegrín, o Espantallo, a Fonte ou o Ferreiro incorpóranse ás figuras tradicionais, nun estilo gráfico que lembra as barallas clásicas deste tipo con chiscadelas a pintores como Escher.
Tarot Sarry. Fonte: Tarot Garden
Tarot Sarry en Tarot Garden
Tarot Sarry no Museo do Tarot
Tarot Sarry en Aeclectic.net
A Baraxa Galega de Heraclio Fournier
A propia firma Heraclio Fournier conta no seu catálogo cunha adaptación deste tipo lanzada a comezos dos anos 80. Motivos da Idade do Ferro como espadas e puñais de antenas, cuncas de viño ou bastóns de peregrinos representan os diferentes paus. A ponte de Rande, a muralla de Lugo, a ponte romana de Ourense e a Catedral de Santiago, diferentes traxes tradicionais a representar as figuras e mesmo personaxes do Entroido como un peliqueiro e un galán de cobres fan parte destes naipes da man do debuxante Félix Pérez Llanosas. A baralla tivo unha reedición aínda en 2020.
Baraxa Galega. Fonte: World of Playing Cards
Baraxa Galega de Heraclo Fournier en World of Playing Cards
Tarot Vizoso - Aneiros
O de Sarry non foi o único Tarot que publicou Ediciós do Castro. En 1992,Manuel Aneiros, colaborador en diferentes medios sobre temas de ocultismo, proponlle a Xosé Vizoso, habitual deseñador de obras para Sargadelos e histórico cartelista do país, elaborar unha baralla. O resultado, unha colección de 52 cartas na que o tema galego incorpórase en representacións como a do carro e na que moitas das figuras adaptan o seu nome á nosa idiosincrasia. O Menciñeiro, o Ciprianillo, o Lobishome, o Padriño, a Herba ou a Cacharela incorpóranse á colección de arquetipos. A obra tivo cando menos unha reedición en 2017.
Cartas do tarot Vizoso-Aneiros. Fonte: Terapias Vigo
Tarot Vizoso-Aneiros no web Terapias Vigo
Tarot Vizoso-Aneiros no Museo do Tarot
A baralla de Xosé Cobas
De 1983 data outra propostas asinada polo debuxante Xosé Cobas e publicada pola Imprenta Comercial da Coruña, que se distribuíu como publicidade da marca de leite Leyma. Nesta variación as vieiras ocupan o lugar dos ouros, as cuncas e o pichel a das copas, os bastóns son os bastos e unhas cruces de Santiago representan as espadas. Nas figuras represéntanse traxes tradicionais de mulleres para as sotas e de homes para os reis, sendo os cabalos representados unicamente polas cabezas destes animais.
Baralla de Xosé Cobas. Fonte: World of Playing Cards
Baralla galega de Xosé Cobas en World of Playing Cards
Pinto e Chinto
O ilustrador David Pintor, metade do dúo Pinto e Chinto, fixo en 2002 a súa propia aproximación ao mundo das barallas. Vieiras, paraugas, gaitas e percebes compoñen uns particulares paus nos que tamén están presentes persoeiros da historia do país como Rosalía, Curros, Pondal, Castelao, Breogán, Santiago, Prisciliano e Pardo de Cela e os reis Afonso V e X, Don García e Fernando II. A obra foi promovida polo xornal La Voz de Galicia.
Baralla de Pinto e Chinto. Fonte: Word of Playing Cards
Baralla galega de Pinto e Chinto en World of Playing Card
A Baralla do Prestige
Esta proposta creada pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003 remedaba a clásica baralla española a manter os paus tradicionais e pór cara de políticos e figuras públicas do momento nas figuras. Ademais, representaba as espadas dobradas, os ouros coa cara do presidente Aznar, os bastos con mexillóns adheridos ou as copas manchadas de chapapote.
Baralla do Prestige. Fonte: Arquivo Unha Gran Burla Negra
Baralla do Prestige no web de Unha Gran Burla Negra
Ophiusa. A terra dos mil ríos
O estudio de xogos Mentis presentaba en 2011 Ophiusa. A terra dos mil ríos. O proxecto saíu da mente do escritor Fernando M. Cimadevila e mais do ilustrador e fotógrafo José María Picón. Malia a ter forma de baralla de 54 cartas, o xogo afástase das tradicionais dinámicas dos naipes e procura dar a coñecer diferentes eventos do pasado do noso país mediante un sistema similar ao dominó, polo que cada xogador ten que encadear cores e datas. Ilustracións históricas e de obras de arte compoñen ao apartado gráfico da proposta.
Ophiusa. Fonte: Urco Editora
Ophiusa no web de Urco Editora
O Baralho Suevo
Máis centrada nun período histórico concreto, o Baralho Suevo que publicou a asociación A Gentalha do Pichel en 2013 naceu coa intención de dar o período do Reino Suevo. A proposta reproduce moedas e espadas do século V e incorpora personaxes como os bispos Maeloc, Martiño de Dumio, Hermenerico, Teodomundo, os reis Requiário, Requila ou Teodomiro atópanse nas ilustracións de Daniel Xove.
Baralho Suevo. Fonte: Capítulo Cero
Baralho Suevo en Capítulo Cero
O xogo de cartas do Apalpador Fernando M. Cimadevila recuncaba en 2014 nas baralla con O gran magosto. O xogo de cartas do Apalpador, ilustrada por José Ángel Ares. A competición por apañar o máximo de castañas conta con varios personaxes míticos do noso folclore.
O Gran Magosto. Fonte: Contos Estraños
O Gran Magosto no web de Contos Estraños
A Baralla do Camiño
Alberto Guitián atreveuse tamén a facer unha baralla temática sobre o Camiño de Santiago que está á venda no web Ideas Peregrinas desde 2018. Vieiras, cabazas, navallas e bordóns identifican os paus nesta ocasión. Nas figuras, representacións de persoas que fan o camiño na actualidade combínanse con persoeiros históricos vencellados á Ruta Xacobea. O propio Apostol, Alfonso II, el Casto, an Francisco de Asís, o bispo Teodomiro, Aymeric Picaud ou Diego Xelmírez están presentes no produto.
A Baralla do Camiño. Fonte: World of Playing Cards
Baralla do Camiño en World of Playing Cards
Baralla do Camiño en Ideas Peregrinas
Baralla de Alejandro Mosquera
En 2019 o coruñés Alejandro Mosquera presentou a súa propia versión de baralla, na que os paus son vieiras, de novo cuncas de viño, pementos de padrón e fouciños. A estes engádense nas figuras a presenza da meiga, da vaca rubia galega e da gaiteira, nunha clara aposta por personaxes femininos.
Baralla Galega. Fonte: Alejandro Mosquera
Baralla Galega no web de Alejandro Mosquera
Barallada
En 2021 viu a luz Barallada, unha nova proposta neste campo na que se substitúen as figuras con peliqueiros, lobishomes e sereas, e os paus desta volta pasan a ser representados por anzois, forcas, torques e figas que pretenden representar "o mar, a terra, a artesanía e o patrimonio". David Cuence correu coa ilustración deste proxecto.
Barallada. Fonte: Grafinco
Barallada no web de Grafinco
As 7 familias galegas
Esta versión do popular xogo que convida a completar diferentes familias apostou por retratar a sociedade tradicional galega, a introducir tamén elementos actuais. Os Ribeira, que ocupan diferentes oficios mariñeiros, os Boimorto, gandeiros, os Fariña, agricultores ou os Benfeito, unha familia de artistas, fan parte desta proposta. A eles súmanse algunhas ocupacións máis curiosas como as dos Farrapeira, que se desempeñan diferentes traballos no sector téxtil actual, e as dos Penavella, unha familia composta por meigas, trasnos e seres míticos. A maiores, a xuntar as cartas de cada unha destas liñaxes, o fondo compón unha paisaxe do noso país. A mariña coruñesa, a Catedral de Santiago ou a Muralla de Lugo reforzan o carácter galego do xogo. E, por se fose pouco, nas ilustracións pódense recoñecer personaxes coñecidos da nosa cultura como Castelao, Rosalía, a música Cristina Pato ou Yosi, cantante de Los Suaves. Alejandro Mosquera lanzou este proxecto en 2022.
As 7 familias. Fonte: Alejandro Mosquera
As 7 familias galegas no web de Alejandro Mosquera
A Baralla da Pedra
A Baralla da Pedra foi unha proposta de Landra Gráfica con ilustracións de Miguel Cuba. A manter os paus tradicionais, esta proposta está protagonizada polos nomes da lírica medieval galego-portuguesa e publicouse en 2022 con ocasión dos 800 anos do nacemento de Afonso X. O propio rei comparte espazo con María Balteira, Martín Códax, Meendiño, Don Dinís e moitos outros nomes do xénero. Ademais, a baralla amosa os diferentes xéneros da lírica medieval, os pasos da danza das soldadeiras, os símbolos presentes nas cantigas ou os diferentes oficios vencellados a estas. Ademais, as ilustracións recrean os instrumentos medievais representandos nas Cantigas de Santa María e no Pórtico da Gloria.
A Baralla de Pedra. Fonte: Landra Gráfica
A Baralla de Pedra en Landra Gráfica
Mitogali
Enfrontar, ao xeito de Pokemon, mitos do imaxinario galego. Esta é, a grandes riscos, a proposta de Mitogali, xogo que lanzaba en 2022 a firma Dornavela. O seu autor, David Orihuela recollía no mesmo unha escolma vinte e cinco personaxes do noso folklore, "tanto masculinos como femininos, algúns comúns con outras tradicións do norte da Península". Entre estes aparecen "o alicornio, ananos, o urco, a meiga, xacias, o sacaúntos, trasnos, donas con pé de cabra, mouras ou mesmo o Demo, que é un personaxe importante na mitoloxía galega". O xogo conta xa con dúas entregas máis, a última das cales viu a luz en 2023.
Mitogali. Fonte: Dornavela Edicións
Mitogali no web de Dornavela Edicións
O Gatipedro
Brazolinda xogos lanzaba en 2022 este xogo que convida a emparentar mitos e lendas a partir de elementos comúns. Meigas, mouras, sereas, Urco, Gatipedro, Santa Compaña, Nubeiro e Biosbardos son os mitos representados no xogo, que se completa con cartas dos diferentes elementos das lendas.
O Gatipedro. Fonte: Brazolinda Xogos
O Gatipedro no web de Brazolinda
O tarot Kéltiga
A artista Katova autoeditaba en 2022 esta ambiciosa proposta, que recolle nada menos que 108 cartas acompañada dun libro de 278 páxinas con información sobre os contidos e instrucións de uso do material en galego, español e inglés. Para alén de se poder empregar para facer tiradas de Tarot, os naipes permiten xogar a familias ou a armar sagas. As cartas estrutúranse en doce categorías culturais que se poden seguir por cores e que están cruzadas por nove sagas "vencelladas cada unha a un personaxe central da historia mítica galega". Tempos cíclicos, plantas sagradas, obxectos de poder, razas míticas e híbridas ou lugares e espazos sagrados son algunhas das agrupacións que presentan estas cartas. Dentro dos naipes atópanse personaxes como Pepa a Loba, a Raíña Lupa, o apóstolo Santiago ou o bispo Maeloc canda a animais como a coruxa ou a balea entre moitas outras figuras.
Kéltiga. Fonte: Katova
Keltiga no web Bisonte Maariz
O ghaiteiro petroleiro
No Ghaiteiro Petroleiro a gastronomía posúe unha grande importancia, xa que o obxectivo das partidas é reunir cinco alimentos. O viño do país, a mariscada, o churrasco, o peixe, o cocido de Lalín, os pementos de Padrón, o pan de millo, a empanada e o polbo á feira compoñen os recursos polos que terán que competir as persoas participantes. Para os obter, deberán enfrontarse con criaturas, nas cales se encadran personaxes vencellados á catástrofe ou á actualidade galega como o Dinoseto, Mariano Rajoy, a Orquestra Panorama, a Manifestación dos Paraugas ou Don Manuel. A estas súmanse personaxes máis clásicos como Barriga Verde, Castelao, Rosalía de Castro, as Irmás Fandiño ou a Vella do Tempo dos Mouros. No apartado de Tesouros mestúranse desde espazos míticos como Pico Sacro e a Cova do Rei Centolo, elementos tradicionais como os Sanandresiños ou o Cáliz do Cebreiro, e elementos contemporáneos como os Eucaliptos, o Museo Carlos Maside ou o Belén de Begonte. Os Meigallos, pola súa banda, inclúen o Nadal de Vigo, a Sala Nasa, a Cota Láctea, Man de Camelle, o Tránsfuga ou a Retranca como elementos. E están tamén os Trebellos, nos que podemos atopar A Prensa Subvencionada, a Fusión das Caixas Galegas, a Minaría Intensiva, a Torre e Hércules, o Banquete de Conxo ou "A man común".
O Ghaiteiro Petroleiro. Fonte: Unha Gran Burla Negra
O Ghaiteiro Petroleiro en Praza.gal
Galiza no tempo
OZOCOgz presentaba en 2023 Este xogo que convida a coñecer a historia do país mediante unha baralla de cartas que representan acontecementos destacados do noso pasado. Cada participante debe colocar na orde cronolóxica correcta as cartas que ten na man para ser o primeiro en quedar sen elas. Recreacións de personaxes e de eventos históricos, así como ilustracións icónicas compoñen o aspecto gráfico do xogo, ilustrado por Elena Andrés.
Galiza no Tempo. Fonte: OZOCOgz
Galiza no tempo no web de OZOCOgz
Invisibilizadas
O colectivo vigués Atalaias presentou en 2023 o proxecto Invisibilizadas. Este proxecto, segundo da súa serie "Feminismos no tempo". Os dous casos convidan a situar en orde cronolóxica cartas que representan publicacións de obras literarias, obituarios, nacementos e feitos históricos destacados deste movemento, a incluír diferentes referencias galegas.
Feminismos no tempo. Fonte: Atalaias
Feminismos no tempo no web de Atalaias
O Patrimonio natural en barallas
Coñecer o noso patrimonio natural aparece como unha das utilidades que máis recorrentemente se lle está a dar a este formato. Deste xeito, o proxecto Semente de escolas galegas publicou unha baralla dedicada ás árbores do noso país e outra sobre mamíferos galegos. Pola súa banda, a AS-PG conta cunha que propón un abecedario para coñecer os nomes dos animais con ilustracións de Raquel Cavallo, e recolle no seu web outra que repasa a flora e a fauna das Fragas do Eume desenvolvida por Ana Pérez Rico. O colectivo Rampla conta tamén dúas barallas, a primeira delas editada en 2021, nas que convida a emparellar machos e femias de diferentes especies de paxaros con ilustracións de André Ramil, ao tempo que se coñecen os seus nomes en diferentes linguas do estado. Unha proposta similar, pero dedicada aos mamíferos mariños, saíu deste grupo en colaboración coa CEMMA a comezos de 2023.
Baralho de árvores na Galiza. Fonte:Semente Trasancos
Baralho dos mamíferos terrestres na Galiza. Fonte: OZOCOgz
Cartas de O ecosistema das Fragas do Eume. Fonte: AS-PG
Abecedario Animal Galego. Fonte:AS-PG
Cartas da baralla de paxaros de Rampla
Baralla de mamíferos mariños de Rampla
Baralho de árvores na Galiza no web de Semente Vigo
Baralho de mamíferos terrestres na Galiza no Facebook da Semente Trasancos
O Ecosistema das Fragas do Eume no web da AS-PG
Baralla de paxaros no web da Sociedade Galega de Historia Natural
Presentación da baralla de mamíferos mariños no Faro de Vigo
Lingua e literatura
Tamén nestes ámbitos apareceron barallas temáticas. A Fundación Manuel María lanzou en 2021 dous xogos neste formado dedicados á obra deste autor. Apañasoños convida a completar estrofas dos poemas de Os soños na gaiola e conseguir o maior número de cartas de versos, mentres A Gaiola chama a emparellar cartas con versos de desa obra e máis de As rúas do vento ceibe e Terra Chá. No campo da lingua, o Centro de Documentacion Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura empregou o formato baralla en 2018 para repasar os contidos dos seus Encontros de Normalización Lingüística na vixésima edición desta iniciativa mediante códigos QR. Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba en 2021 o xogo Dalle á lingua, tamén a base de naipes.
Apañasoños. Fonte: Fundación Manuel María
A Gaiola. Fonte: Fundación Manuel María
Apañasoños no web da Casa Museo Manuel María
A Gaiola no web da Casa Museo Manuel María