A nova etapa do Museo de Pontevedra baixo a dirección de Ánxeles Tilve concrétase coa presentación da programación da entidade para este ano. Un grande peso de fondos propios, colaboracións coa Fundación María José Jove ou a conmemoración do retorno dos restos de Castelao a Galicia preséntanse como algúns dos eixes da entidade en 2024.
A propia Tilve daba a coñecer as propostas este 17 de xaneiro acompañada do presidente da Deputación de Pontevedra. Segundo ela "o que agora presentamos é só a parte máis inmediata dunha programación coherente que abarca varios anos, porque os proxectos expositivos de certa relevancia necesitan unha maduración longa". Nas liñas de traballo detrás destas propostas destacou "a colaboración con outros museos e entidades, tanto galegas como españolas e internacionais" e a necesidade de que "o Museo non sexa alleo aos temas de debate do pensamento contemporáneo". Canda a isto, a aposta por "difundir as coleccións do Museo, xunto coa obra de artistas da provincia e de Galicia, e o apoio á produción de artistas novos" e mais a divulgación aparecen como obxectivos do centro.
Unha retrospectiva de Berta Cáccamo será, o vindeiro mes de marzo, a primeira das dez exposicións que se poderán ver ao longo do ano. Neste mesmo ves abrirá as súas portas Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías que ten como eixo a reportaxe fotográfica que este reporteiro gráfico realizou sobre a chegada dos restos mortais de Castelao desde Arxentina ao noso país, fai agora 40 anos.
En maio abrirá a nova proposta Infiltracións, que prevé desenvolverse de xeito anual, a presentar obras de artistas actuais en diálogo coa colección ou os espazos do Museo. Iñaki Martínez Antelo actúa como comisario deste proxecto que conta nesta xeira con Mónica Alonso e, xa en outubro, co colombiano Alberto Baraya.
Para xuño está prevista a mostra en tres actos A Era das Fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía na que dialogan os fondos do Museo coa colección de arte Fundación María José Jove canda a pezas doutras colección privadas. Na mesma poderán verse nomes coma Maruja Mallo, Vasili Kandinsky, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Ernesto Neto, Menchu Lamas, Jorge Barbi ou Noa e Lara Castro.
Tamén no verán exhibirase Pinturas negras, unha exposición colectiva en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo que amosa as proposta de alumnado e corpo docente deste centro arredor da cor negra.
En setembro, O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón: do coleccionismo ao museo amosará os fondos deste coleccionista que sentou as bases da museoloxía galega. O escultor Acisclo Manzano e o pintor José Otero Baena protagonizarán as dúas últimas mostras do ano, comisariadas pola conservadora Beatriz de San Ildefonso. O programa mantén a habitual mostra do certame Novos valores, que a dirección anuncia que "será reformulado na procura dun impulso".
Alén das exposicións, as propostas no campo das xornadas e seminarios, das que Tilve asegurou que teñen como eixe "os fondos do Museo e o seu estudo" e que "xira arredor de seis temas transversais: a historia do Museo e das súas coleccións; Castelao; guerra, represión, migracións e exilio; a arte galega en América; a perspectiva feminista; e novas narrativas nos museos do século XXI".