Durante 26 anos, entre 1948 e 1973, o fotógrafo ourensán Augusto Pacheco encargouse de publicar cada DÃa dos Inocentes unha montaxe fotográfica no xornal La Región. Este profesional da imaxe daba nesas obras renda solta á súa fantasÃa, a pór en cuestión o carácter veraz da imaxe. Agora, o Museo Etnolóxico de Ribadavia recupera nunha exposición a maior parte destes traballos, que supoñen unha singularidade na historia da fotografÃa galega.
O 14 de novembro abrÃa as súas portas no Museo Etnolóxico de Ribadavia Mentindo con mestrÃa. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973). Esta singular exposición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 30 de xaneiro, atende unha faceta moi pouco explorada da fotografÃa desta época, a das imaxes manipuladas para contar historias que non eran reais. Para o facer rescata un esquecido legado de imaxes que fan parte da memoria de Ourense.
A descuberta
Cando os membros do grupo de investigación fotográfica A Mira(n)da repasaban os arquivos dixitais do Museo Etnolóxico de Ribadavia e atoparon unha antiga montaxe fotográfica no medio dos fondos, consideraron que se trataba de algo anecdótico. Pero ao pouco apareceu unha segunda, e as descubertas continuaron. "Vimos que eran todas do mesmo autor e comezamos a procurar máis. Atopamos un total de 34 e comprobamos que no propio arquivo estaban as pezas orixinais", explica VÃtor Vaqueiro, un dos membros deste colectivo e comisario da exposición. Este legado, un material "relativamente insólito" para a súa época, rescata para a nosa cultura a figura de Augusto Pacheco.
As montaxes
Este fotógrafo exercÃa en Ourense o mesmo oficio que o seu pai Xosé Pacheco e era ademais sobriño do célebre Xaime Pacheco, recoñecido polo seu labor fotográfico en Vigo. Para alén do seu traballo como retratista máis convencional, "entre 1948 e 1973 realizou cada DÃa dos Inocentes unha fotomontaxe para a inocentada de La Región", lembra Vaqueiro. "Faltou os catro anos en que o 28 de decembro caÃa en luns, xa que por entón ese dÃa non saÃa a prensa, polo que en total publicou 22 imaxes neste perÃodo. Atopamos ademais varias montaxes inéditas, que debÃa ter descartado no seu momento".
Dous tipos de inocentadas
Segundo apunta Vaqueiro, nesta serie "hai dous tipos de montaxes, unhas que poderÃamos chamar comúns, que amosan cousas como un autobús que bateu nunha farmacia, unha inundación brutal do RÃo Miño ou a inauguración dunha estatua", sinala o comisario. Canda a estas, a mostra recupera "un tipo de narracións que teñen que ver co conto marabilloso, coa lenda ou cos feitos extraordinarios. Son pezas nas que se pode ver un monstro moi semellante a Godzilla destruÃr a Ponte Vella de Ourense, un OVNI a sobrevoar a Igrexa de San Martiño, extraterrestres, unha especie de hidra a emerxer das augas do encoro de Velle ou a descuberta de petróleo no centro da cidade", explica.
A singularidade de Pacheco
AÃnda que o labor fotográfico de Pacheco non era descoñecido, esta faceta do seu traballo sorprendeu aos membros de Mira(n)da. "Resulta un caso estraño na Galicia deses anos e con esa intencionalidade. Aquà facÃase moita fotomontaxe, pero sempre cun sentido especÃfico. Empregábase para incluÃr nunha fotografÃa a xente que morrera ou que estaba na emigración e que se querÃa ter presente. Entón a fotografÃa servÃa para establecer ligazóns co outro mundo ou cun este mundo que ficaba afastado. Isto facÃase en todos os estudos fotográficos, pero é moi diferente do que explora Pacheco". Para alén de pasar do ámbito privado ao público, este traballo "pon en cuestión o estatuto de verdade da imaxe, e faino nun momento no que aÃnda funciona a nivel estatal a noción da fotografÃa como documento. E é paradoxal, porque ao tempo que defende ese carácter da imaxe como reflexo do real, desmóntao tamén con estes traballos".
Reinventar a fotomontaxe
Cómpre pensar que o contexto no que Augusto Pacheco inicia esta obra "en Galicia e no Estado español hai un atraso tremendo a nivel teórico. Non se interactúa practicamente co exterior e é moi probable que non coñecese outras propostas de fotomontaxes como as dos surrealistas e as das vangardas soviéticas" apunta o comisario. "Como moito, ao mellor tiña visto algunha cousa puntualmente nunha revista", salienta a creatividade deste profesional da imaxe. "Hoxe xa estamos fartos, a partir da publicidade, a ver elefantes voando e todo tipo de cousas na publicidade, e a xente é moi descrida a respecto da imaxe", lembra Vaqueiro.
A verdade e a ficción
AsÃ, ao longo da súa carreira, Pacheco "de xeito consciente defendÃa que a fotografÃa é a reprodución do real. Esta era a visión máis habitual ata a grande viraxe desta arte a partir dos anos 70, que el xa non adopta. El no 48 mantense na onda dominante sobre se a fotografÃa é quen de mentir, e aposta pola súa veracidade", explica Vaqueiro. Nunha entrevista co fotógrafo sobre estas inocentadas localizada prensa da época, "sen se dar conta da contradición, el conta que se lle ocorrÃan ideas para contar inocentadas na prensa pero decatábase de que xente non as crerÃa. Entón pensou que se acompañaba o texto dunha fotografÃa, a idea 'colarÃa mellor'. Aà non se decata de que transgride os seus propios principios e amósanos que aÃnda que a fotografÃa é fiel reprodución da realidade subverte esa mesma idea coa súa práctica. Realmente non se dá conta do que enuncia".
A conexión coa actualidade
Malia ao tempo transcorrido na carreira de montaxes de Pacheco, Vaqueiro non atopa unha evolución creativa no traballo deste fotógrafo. No entanto, si se detecta unha conexión en moitos destes traballos coa actualidade do momento. "Nótase esa relación coa contorna, tanto a inmediata como con cuestións sque están no ambiente en cada momento, como amosa ese monstro que semella Godzilla e que conecta co terror nuclear e a cultura popular do momento. Ou nas que aparecen ovnis ou misÃs, que se poden relacionar coa crise dos mÃsiles de Cuba ou coa Guerra FrÃa".
O Photoshop analóxico
AÃnda que Vaqueiro recoñece que "non podemos saber claramente que técnicas empregaba" apunta que "en xeral o que facÃa era cortar e pegar" fragmentos de imaxes que encaixaban. Logo "retocaba con lapis mais ou menos graxo ou con pinturas e tintas, aÃnda que ao ser o seu traballo en branco e negro seguramente empregaba sobre todo lapis e esfumino. Logo de obter ese master ou maqueta fotografábao, obtiña un negativo e del tiraba o número de copias correspondentes. Unha entregábaa no xornal e el quedaba con outra. Gardounas enmarcadas nun cartón co seu logo, o ano e a palabra inocentada manuscrita".
A calidade dos efectos
O comisario da mostra apunta que "tecnicamente están moi ben feitas. en xeral son de natureza moi realista". De escoller algún dos traballos de Pacheco apunta que "a de Godzilla gústame. Paréceme tamén que está moi ben resolta a do OVNI ao pé da igrexa. Recoñece no entanto que "algunhas non están tan ben resoltas. Hai unha na que mete no equipo de fútbol de Ourense a Di Stefano, Kuabala e una tal Wilkes que está mal feita. Ves e que a luz nalgunha das caras dá nun ángulo diferente ao resto e que hai tamaños das cabezas que non se corresponden cos que deberÃan ter ".
A exposición complementarase cun catálogo no que se poderán ver os textos cos que Augusto Pacheco acompañaba as súas imaxes cada 28 de decembro en La Región. Ademais, incluiranse tamén as montaxes que non chegaron a saÃr publicadas. De xeito paralelo a esta proposta, o Museo Etnolóxico acolle o ciclo de conferencias A fotografÃa e a construcción da realidade que ten a súa última sesión o 15 de decembro.
Fotomontaxes de Augusto Pacheco
Disco voador sobre a igrexa de San Martiño. 1961. Augusto Pacheco
Dinosauro na Ponte Nova a atacar vehÃculos. 1972. Augusto Pacheco
Extraterrestres e prato voador. 1973. Augusto Pacheco
Foguete sobre vehÃculo de transporte na estación de Ourense. 1958. Augusto Pacheco
Invasión de crocodilos no RÃo Miño. 1949. Augusto Pacheco
Desbordamento do Miño. 1959. Augusto Pacheco
Obras a empregar elefantes na Ponte Nova. 1962. Augusto Pacheco
Torre de perforación de petróleo en Ourense. 1971. Augusto Pacheco