A CRTVG aproba 25 proxectos de contidos para as súas redes

Destinará 300.000 para produción de contidos de público familiar e audiencias de nicho

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A través da convocatoria que realizou de selección de produtos dixitais en galego, a CRTVG resolveu a produción de 25 proxectos destinados ás súas distintas canles dixitais, cun investimento de 300.000 euros. Os contidos "están creados especificamente desde e para a contorna dixital" e entre eles atópanse pezas destinadas a público familiar, cativada e outros orientados a públicos máis específicos. Entre eles, exemplos de contidos humorísticos e de entretemento, como 'Raíña-me', de Cristela Torres, no que "a presentadora, Raíña Nai, converte a persoa convidada en drag queen", infantís, como Plantasías, de Zumalaba SLU sobre as "especies arbóreas de implantación tradicional" ou 'Música no foco', de Marguerita Morello, no que distintos intérpretes, "autores da música contemporánea galega" interpretan algúns dos seus temas musicais.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)