A CRTVG presentou onte no Gaiás 'AGalega', a plataforma dixital de contidos coa que o ente público entra no mercado da televisión baixo demanda a partir das plataformas móbiles. 'AGalega' plásmase en tres apps diferents: 'Agalega' para contidos audiovisuais, 'AGalega audio' para os contidos da Radio Galega e 'XabarÃn' para contidos infantÃs. Agalega incorpora 1400 contidos audiovisuais que combinan programas históricos, emisións actuais e producións especÃficas para a plataforma, como a serie 'Na gloria', interpretada por Xosé Touriñán e Dani Rovira, ou "Ghuasapp". A aplicación incorpora tamén contidos musicais dentro da área Palco e permite recuperar series históricas da TVG como Padre Casares ou Pratos Combinados.