A plataforma AGalega estrea o programa 'Recollendo Músicas'

O formato indaga no impacto do legado da música tradicional nos artistas máis novos

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaComunicación
Compartir:
A plataforma AGalega estrea o programa 'Recollendo Músicas'

AGalega, a plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia estrea este xoves, 10 de outubro, o programa 'Recollendo Músicas', un novo formato producido por Undodez S.L. que explora a pegada dos sons e os ritmos tradicionais nas músicas actuais. 'Recollendo Músicas' indaga no influxo que as nosas músicas tradicionais teñen nos ritmos, sons e na produción de artistas e bandas actuais. Ao longo de dez episodios, o formato achega a visión persoal dos artistas arredor das nosas músicas de raíz, compoñendo unha visión de conxunto que nos axuda a comprender mellor o gran momento que vive a música galega tanto a nivel creativo como de públicos. Cada semana a plataforma publicará dous episodios, cada un deles cun artista ou formación como protagonista. Os dous primeiros serán a cantora Belém Tajes e os Comando Curuxás. Alana, Nebra, Breo, Lontreira, Moura, Abril, Carme López e Carabela son os protagonistas desta primeira temporada. A dirección e guión son obra de Saúl Rivas e Borja Casal.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carme López, Moura, Guión, Televisión de Galicia...