A conexión entre o trap e a muiñeira: un documental para indagar entre raíces e músicas modernas

Carlos Núñez conduce este documental elaborado por Keltia Producións

13/4/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Fotograma do documental

A Xunta publicou recentemente o documental Por que o trap contén ritmo de muiñeira? Músicas de moda, universais e de noso, conducido por Carlos Núñez e elaborado por Keltia Producións, no que se indaga na raíz das chamadas 'músicas urbanas' e no que se exploran as conexións culturais ancestrais de moitas destas músicas desde o punto de vista da orixe dos ritmos, a conexión entre música e lingua ou a historia das melodías. Falan músicos como Boyanka Kostova ou as Tanxugueiras, ou expertos como Carlos Villanueva, Faustino Núñez, Henrique Monteagudo ou Rosalía Rodríguez Vázquez. O documental foi realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Carlos Núñez, Henrique Monteagudo, Xacobeo...