"As cruces de pedra na Galiza" é o tÃtulo dunha das obras máis coñecidas de Castelao, un estudo publicado en Bos Aires en 1950, tras a morte do intelectual. Foi tamén o tÃtulo e tema do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, en xullo de 1934 . Os cruceiros, abundantes e omnipresentes no territorio galego, xa eran daquela obxecto de interese para os nosos máis insignes intelectuais. Agora, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-22, convocado pola secretarÃa xeral de PolÃtica LingüÃstica ven de difundirse ao público o documental "As testemuñas silenciosas", obra de Arturo Ferreiro Herves na que indaga na orixe e significación do cruceiros galegos. Nesta peza, de case unha hora de duración, faise unha viaxe polos cruceiros máis representativos de Galicia da man de persoeiros especializados na historia, na antropoloxÃa e no sector cultural, e tamén profundando nos estudos do propio Castelao e de Manuel MurguÃa. O documental explica orixe e historia dos cruceiros, dos elementos que os compoñen, dos tipos existentes, da súa relación coa toponimia ou de lendas, crenzas e tradicións relacionados con eles.