Rafael Quintía explora a cultura da morte en A parroquia do Alén

O documental pódese ver íntegro na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fotograma do documental

Fotograma do documental

Ab Origine Antropoloxía presentou recentemente un documental, dirixido por Rafael Quintía, sobre a cultura da morte en Galicia. Con case dúas horas de duración, a peza amosa testemuñas e localizacións vinculadas a espazos da morte, e ás prácticas e crenzas vinculadas aos espazos funerarios. No documental percórrense as catro provincias e recollénse prácticas, crenzas, rituais e experiencias vinculadas á xestión dese ámbito vital tan relevante na cultura galega. "O obxectivo último deste proxecto é contar cunha ferramenta audiovisual que permita á vez a divulgación e a conservación deste legado cultural inmaterial". O documental foi realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022.

Mira o documental

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Morte, Rafael Quintía, Antropoloxía...