O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos

Derviches, música clásica, cantigas medievais, Bach ou sons hindús mestúranse no programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos

Espazos singulares de Santiago de Compostela acollerán entre o 27 de marzo e o 5 de abril a novena edición do Festival de Músicas Contemplativas. O programa, que se presentaba onte no concello da capital, achega unha selección internacional na que se mesturan artistas de Afganistán, derviches turcos, músicos hindús, pezas de Bach ou cantigas medievais. A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de abrir o ciclo cun recital centrado no clasicismo vienés que inclúe pezas de Haydn, Beethoven ou Brahms. En total serán 17 concertos, dos cales unicamente dous, no Auditorio de Galicia, serán de pagamento.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Beethoven, Real Filharmonía de Galicia, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela