O director-xerente do Auditorio de Galicia, José VÃctor Carou, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaban esta mañá en Compostela o programa da novena edición do VÃa Estellae. O ciclo de música contará nesta xeira cun total de 23 concertos que se desenvolverán en igrexas e espazos monumentais e singulares da capital galega. Coa música barroca e antiga como un dos seus eixes, o evento contará coa presenza de artistas como a orquestra barroca belga Il Fondamento, os violinistas Fabio Biondi, Sergey Malov e Amandine Beyer, ou a soprano italiana Roberta Invernizzi. Pola súa banda os contratenores Xavier Sábata e José Hernández Pastor achegarán cadanseu recital operÃstico, mentres que os grupos galegos Vox Stellae e Resonet desenvolverán senllas actuacións centradas na figura de San Francisco de AsÃs. A Real FilharmonÃa de Galicia, con dirección de Iván MartÃn e de Maximino Zumalave tamén participa no programa. Finalmente, a sección OFF#Stellae estará centrada esta volta na percusión.