O festival Via Stellae volta con vinte concertos

A VII Edición celebrarase entre o 2 e o 13 de xullo en Compostela.

25/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxe do Vía Stellae 2012

A música antiga e barroca mestúranse con propostas contemporáneas na VII edición do festival Vía Stellae, que se presentaba esta mañá en Compostela. O encontro, que se celebrará entre o 2 e o 13 de xullo, inclúe vinte actuacións, como as seis sonatas para violoncello de Bach, un monográfico sobre Barbara Strozzi ou a versión orquestral da ópera barroca Rodelinda, regina de’Longobardi, de Haendel. Canda a isto, poderá coñecerse o traballo de Ross Daly, quen mestura música antiga e world music, ou o programa Las idas y las vueltas, que reúne a Fahmi Alqhai e a súa Accademia del Piacer co cantaor flamenco Arcángel.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos