O VI Vía Stellae programa 14 concertos en Compostela

A proposta mestura música antiga e barroca coa contemporénea.

16/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Christophe Rousset e Les Talens Lyriques, Andrea Marcon e a Orquestra Barroca de Venecia ou Giovanni Antonini e Il Giardino Armonico son algúns dos nomes que sirven de presentación para o programa do VI Festival Vía Estellae, que se desenvolverá en Compostela entre o 9 e o 22 de xullo e comprende un total de 14 concertos. A iniciativa, que se presentaba esta mañá, inclúe, para alén de mostras de música antiga e barroca, propostas contemporáneas dentro do ciclo 20/21 con nomes como Canco López e Ramón Souto. Land Opportunity, a colaboración entre Siniestro Total e o Taller Atlántico Contemporáneo preséntase como a grande sorpresa desta edición.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Siniestro Total, Atlántico, Santiago de Compostela