A Fundación Barrié leva música barroca e novos intérpetes ata A Coruña

Ciclóns

A programación da Fundación Barrié chega ó mes de decembro organizando dous ciclos de música. Desde hai 6 anos os mozos teñen unha oportunidade para dar a coñecer o seu talento. É dentro do "Ciclo de Xoves Intérpretes" que organiza numerosos concertos ata o mes de abril. O primeiro deles terá lugar esta noite no Palacio da Ópera, cunha actuación na que serán solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia tres gañadores das anteriores edicións. E pola outra cara da moeda, os veteráns neste mundo son os protagonistas do outro ciclo musical, o da Música Barroca, no que primeiras figuras do circuito de música antiga ofrecerán, o que a Barrié chama, "Clases maxistrais".

Novos aires


Esta noite comeza o primeiro do concerto do "VI Ciclo de Xoves Intépretes". Un ciclo que se inaugura coa actuación de tres gañadores das primeiras cinco deste evento, que interpretarán o Triple Concerto para violín, cello e piano de Beethoven como solistas, acompañados da Orquestra Sinfónica de Galicia. Estarán ó piano Pablo Diego, ó cello Carlos García Amigo e ó violín Evgeny Moryatov.
Desde hai seis anos, a Barrié leva convocando este Ciclo musical para promocionar ós novos músicos mozos vencellados con Galicia e que amosaron boas cualidades interpretativas durante o seu período de formación. Este ano o ciclo ten un aliciente especial, xa que se outorga un premio en metálico dun millón de pesetas (6.010 euros), que se engade ó habitual concerto como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Un evento que terá lugar o 4 de abril de 2002.
O programa de actuacións dos participantes é o seguinte:

- o 10 de decembro ocn Iago Núñez Novo ó piano cun programa de Haydn, Debussy, Beethoven e Skryabin.

- o 17 será o turno de Pablo Sainz Villegas á guitarra con obras de Wiss, D. Aguado, F. Tarrega, L. Berio , J. Rodrigo e I. Albéniz.

- o 21 de xaneiro, Pablo González estará ó piano para ofrecer un concerto con obras de Bach, D. Scarlatti, L. V. Beethoven, F. Chopin, e I. Albéniz.

- o 28 de xaneiro, será o momento de Jesús Sánchez Montero ó clarinete, para ofrecer un programa de Ferrer, Lutoslawski, Stravinsky, Shumen e Lovreglio.

- o 11 de febreiro, José Núñez Ares amosará o seu saber facer ó piano, cun programa que inclúe obras de J.S. Bach, F. Mendelsohn, F. Chopin e I. Albéniz.

-o 18 de febreiro, Ramón Carnota Méndez, á guitarra, interpretará obras de F. Tárrega, A. José, D. Sor e L. Brouwer.

- o 25 de febreiro, Genaro Fernández ó piano interpretará, a J.S. Bach, D. Scarlatti, S. Rachmaninov, J. Brahms e F.Chopin.

- completa o ciclo de concertos, Asterio Leiva Piñeiro ó clarinete inpretando pezas de G. Rossini, M. Yuste, B. Kovás, S. Brotóns, F. Poulenc.

Todos estes concertos terán lugar no auditorio da Fundación Barrié de la Maza, ás 20:30 horas.












E música barroca



Ademais do ciclo de novos intérpretes, a Fundación Barrié tamén organiza outro evento musical. É o que ten lugar no Auditorio da Fundación Barré de la Maza, no que se xuntarán primeiras figuras do circuito da música antiga. Así, pola Coruña pasearanse personalidades como Jacques Ogg (clave), Wilbert Hazelzet (traverso), Jaap Ter Linde (violoncello), o día 13 de decembro para interpretar pezas de J. M. Laclair, A. Forqueray, J.P. Rameau, Emanuel Bach e J.S. Bach.
Péchase o programa o 14 de decembro cun evento novo ata o momento. Serán as "Clases maxistrais", para as que está aberto o prazo de inscripción nas materias de clave, cello, traverso e música de cámara.