O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela

O festival de música antiga celébrase entr eo 29 de xuño e o 15 de xullo

28/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un total de 19 concertos compoñen o programa do festival Via Stellae, que alcanza este ano a súa décima edición. O encontro centrado na música antiga contará con nomes de prestixio internacional como Uri Caine, Concerto Italiano e Rinaldo Alessandrini, La Galanía, Manfredo Kraemer, Al Ayre Español e Eduardo López Banzo, Fuoco E Cenere e Jay Bernfeld ou Romina Basso. Con ocasión do décimo aniversario, o festival renderá unha homenaxe a compositores do Barroco e da historia da música, polo que incorporará repertorio de Bach, Haendel, Vivaldi, Mozart, Monteverdi Scarlatti, Tarquinio Merula ou Antonio Soler.

Pola banda do OFF#Stellae, a improvisación será o eixe das propostas deste ano, con nomes como Uri Caine, Brais González e Pablo Seoane, o poeta Estevo Creus, o arpista Manuel Vilas e os percusionistas Roberto Oliveira e o cuarteto Pulsat. O festival desenvolverase en Compostela entre o 29 de xuño e o 15 de xullo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Barroco, Manuel Vilas, Estevo Creus...

Claves

Conceptos