Comeza o Festival de Músicas Contemplativas máis internacional

A cita terá lugar do 29 de marzo ao 3 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Comezou sendo un programa para abrir, a golpe de concertos, igrexas e edificios rehabilitados polo Consorcio de Santiago. Co tempo, o festival de músicas contemplativas foi atopando o seu sitio na necesidade de achegar un diálogo musical con repertorio que conservaba a esencia das tradicións orais. O programa desta quinta edición é máis internacional que nunca, con quince concertos con músicos de Inglaterra, Vietnam, Frania, Mongolia, Azerbaixán, Irán ou Ouzbekistan, entre outras procedencias. Musica antiga e medieval que se desenvolve en diferentes edificios históricos de Santiago do luns 29 ao sábado 3 de abril.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Inglaterra

Claves

Lugares