O Consorcio volve convocar “Músicas Contemplativas” para abrir as igrexas que restaura para concertos

Contemplar cos oídos (parte III)

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
É a conxunción perfecta: música de calidade e restauración de igrexas singulares e históricas do casco antigo compostelán. Son as dúas caras da mesma moeda que o Consorcio de Santiago unifica baixo o nome "Músicas Contemplativas". A terceira edición deste programa, que ademais pretende achegar sons doutras culturas, permitirá escoitar a formacións como a británica “The English Concert” (Inglaterra), a iraquí “Anwar Abudragh &Maqamat Ensemble” ou a croata “Ensemble Dialogos”. Como é habitual, o programa terá lugar coincidindo coa Semana Santa, do 18 ao 22 de marzo.

Máis información no web do Consorcio e na nosa hemeroteca e o noso especial da primeira edición

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Semana Santa, Consorcio de Santiago, Inglaterra

Claves

Conceptos
Lugares