O Consorcio de Santiago presenta a cuarta edición do festival de Músicas Contemplativas

O proxecto recupera espazos históricos rehabilitados para concertos de música sacra

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os concertos de música sacra en espazos históricos xa son un clásico da Semana Santa compostelá. Desde hai catro anos, o Consorcio de Santiago organiza estas actividades baixo o nome de Músicas Contemplativas. Para este 2009, o festival achegará sons procedentes de países como Italia, Irak, Arxelia, Francia ou o Líbano nese obxectivo de fortalecer o diálogo intercultural. En canto aos espazos, a igrexa e o claustro de San Francisco, o convento do Carme, a Capela Real do Hostal e as igrexas de San Martín Pinario, San Fructuoso, Santa Clara, San Agustín e Ánimas son os recintos habilitados nesta cuarta edición.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Semana Santa, Irak, Francia...

Claves

Conceptos