Mañá arrinca na Igrexa de San francisco unha nova edición do Festival de Músicas Contemplativas, un encontro que permite gozar de concertos de música sacra en espazos recuperados polo Consorcio de Santiago. No programa deste ano destaca a restauración do retablo da Igrexa de Ánimas, onde o grupo italiano A filetta ofrecerá cantos sacros da tradición corsa. San Agustín, San Fructuoso, os conventos de Santa Clara e o Carme, así como a Capela Real do Hostal dos Reis Católicos son os escenarios dos concertos desta IV edición.