Esta mañá o Consello da Xunta aprobou o Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A execución do Plan obedece a unha filosofÃa de coordinación e colaboración entre distintas entidades do ámbito público (Amtega, Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (clúster tic, clúster audiovisual, empresas tractoras, etc.). Esta iniciativa enmárcase nos mesmos obxectivos do programa Viraxe TIC posto en marcha pola Amtega e os Clústeres Audiovisual e TIC en agosto de 2016. De novo en colaboración co sector audiovisual e o sector TIC, o Plan contempla crear un centro de produción de contidos dixitais e dentro da iniciativa de Memoria Dixital apostarase pola aplicación da innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida de preservación, xestión e promoción do patrimonio cultural galego. En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no perÃodo 2018-2020.
Entre os proxectos previstos a Amtega pretende colaborar coa CRTVG para incorporar tendencias interactivas nas súas emisións, avanzando no posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo de contidos. Nesta liña o proxecto buscará incorporar á experiencia do usuario as segundas pantallas con contidos de realidade aumentada e realidade virtual para dispositivos móbiles, sincronizados con programas que se emiten na actualidade; empregaranse modelos de análise de datos, baseados en técnicas de Big Data, para crear de canles multimedia adaptadas aos comportamentos da audiencia. Crearase unha canle temática interactiva capaz de albergar e producir produtos audiovisuais para o ámbito educativo.
A través do programa DICO Challenge, prevese a posta en marcha dunha aceleradora de contidos dixitais, na que unha empresa tractora presentará retos e demandas ao sector para súa resolución. Tamén buscarase facer un acompañamento ás pemes do sector dos contidos dixitais co programa ReAcciona Digital Content, que presentará un catálogo de servizos que permita ás empresas deste perfil a incorporación ao seu proceso produtivo de novas tendencias tecnolóxicas. Para facilitar o acceso ás novidades neste ámbito prevese a posta en marcha dun centro de análise e vixilancia das tendencias tecnolóxicas, en colaboración cos clústers TIC e Audiovisual, que favoreza e fomente o contacto e a transferencia de coñecemento entre os axentes do ecosistema dos contidos dixitais. O plan DICO inclúe tamén un eixo nas actuacións sobre o capital humano do sector a través de programas de formación, bolsas de prácticas non laborais e actividades de carácter divulgativo para a orientación profesional dos máis novos.