A Secretaría de Modernización premia contidos para a rede en galego

Destinará 162.000 euros a esta convocatoria que sae publicada hoxe no DOG

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Trinta e dúas axudas repartidas en catro categorías (contidos xerais para a internet; contidos para achegamentos ás TIC; contidos orientados á promoción do patrimonio, cultura e lingua galegas; e aplicación informáticas) e un importe de 162.000 euros. A secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica acaba de convocar un certame para promover contidos para a rede e, obrigatoriamente, en galego. Unha convocatoria á que se poden presentar persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro que presenten proxectos que destaquen pola súa “creatividade e calidade”. As bases e características das solicitudes están dispoñibles no DOG de hoxe.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Internet

Claves

Conceptos