Cultura destina 424.000 na súa convocatoria de axudas para realizar curtametraxes

O prazo é dun mes a partir da publicación no DOG

27/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Diario Oficial (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, videoclips, contidos interactivos e proxectos net art. Unha liña de axudas destinada a facilitar a emerxencia do talento e a innovación audiovisual que atende ás curtas en soporte cinematográfico ou dixital, ou de tipo innovador ou experimental. A contía total que se destina para esta liña de axudas ascende a 424.000 euros, dos que a Secretaría Xeral para a Igualdade e a Dirección Xeral de Xuventude achegan 12.000 euros cada unha.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Igualdade, Lingua galega, Dirección Xeral de Xuventude