Agadic reduce en 85.000 euros as axudas a curtametraxes e videoclips

É a primeira convocatoria de liña de axudas do sector audiovisual do ano

30/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Curtametraxes en versión orixinal galega (rodaxe e/ou gravación en lingua galega) máis videoclips co “obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega”, así reza a primeira das convocatoria de axudas para este sector en 2011 e que sae hoxe publicada no DOG. A contía que destina a este fin é de 115.000 euros, o que supón 85.000 euros menos que a convocatoria de 2010.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Axencia Galega das Industrias Culturais