Convocadas as axudas a desenvolvemento e mais de produción de curtametraxes e videoclips

O anuncio sae no DOG de hoxe

18/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer público, a través do DOG de hoxe, unha nova convocatoria de axudas para o sector audiovisual. A primeira delas é de desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, para o que destina 500.000 euros en dúas anualidades. Canda a esta, sae a convocatoria para a realización de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega (en soporte cinematográfico, de animación e curtas innovadoras ou experimentais) e videoclips. En ambos casos, puntúa o grado de execución e cumprimento de axudas concedidas pola Consellaría de Cultura en anos anteriores. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de mañá.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Animación, Axencia Galega das Industrias Culturais