O Estado convoca as axudas para creación de contidos culturais dixitais

O orzamento redúcese con respecto ao ano anterior en máis dun dez por cento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A edición de hoxe do Boletín Oficial do Estado recolle a convocatoria de axudas da Secretaría de Estado de Cultura para proxectos privados de creación de contidos dixitais culturais en Internet. Estas axudas están dirixidas a profesionais autónomos ou empresas privadas para a realización de proxectos culturais que incrementen a oferta legal de contidos dixitais culturais e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas que actúen, entre outros, nos sectores das artes escénicas; artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, publicidade, videoxogos e artes interactivas, deseño de moda, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, turismo cultural e deseño gráfico.

A aplicación orzamentaria dirixida para este fin en 2014 ten unha contía de 2.016.470 euros, un 12,5 % menos que o ano anterior, cos que se permitirá financiar ata o un máximo do 70 % de cada proxecto. O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas que se concederán en réxime de concorrencia competitiva é de trinta días naturais a contar a partires de mañá.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Medios de comunicación, Artes Visuais, Turismo...