A Real Academia Galega presentaba na mañá deste 2 de febreiro os dous volumes cos que fecha as celebracións polo centenario de Manuel Murguía. Entre páxinas cheas de historia: os libros de Manuel Murguía na Real Academia Galega é un catálogo que amosa os rexistros dos arredor de 2.000 volumes da biblioteca persoal do autor que están en custodia da Academia.
O bibliotecario da RAG, Fernando Pereira, foi o responsable desta compilación que, segundo asegurou Marilar Aleixandre, arquiveira-bibliotecaria da entidade, "fornece de informacións preciosas sobre as lecturas e intereses de Murguía" nun volume que, asegurou "será crucial para a investigación sobre o fundador da Academia". A obra recolle información sobre os 2017 exemplares do legado de libros e folletos de Murguía e das 147 publicacións periódicas colleitados polo autor e conservados na RAG.
Canda a esta obra, a Academia presentou Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023, unha compilación das intervencións que se realizaron no encontro que entidade dedicou ao seu fundador no pasado ano. Marilar Aleixandre, Ramón Villares, Ana Romero Masiá, Emilio Xosé Ínsua, Pepe Barro, Ramón Máiz, Justo Beramendi, Xurxo Martínez, María Xesús Lama e Ana Acuña Trabazo asinan estas achegas que se fan desde disciplinas como a filoloxía ou a historia.
Os dous volumes fan parte da colección "Anexos" do Boletín da Real Academia Galega e están dispoñibles en liña no web da entidade.