O claustro do Edificio Sarmiento, sede o Museo de Pontevedra, amosa desde esta primeira semana de decembro as estatuas dos profetas Enoc e Elías, realizadas polo taller do Mestre Mateo para a fachada exterior do Pórtico da Gloria. As pezas, que levaban once anos nas salas de reserva do centro, incorpóranse agora á exposición permanente, onde estarán acompañadas doutras pezas románicas e prerrománicas presentes nos fondos da institución.
A directora do Museo, Ángeles Tilve, lembrou na presentación das esculturas que estas "pezas estelares da colección" estiveran expostas neste mesmo espazo ata 2014, cando se desmontou á área dedicada ao románico e ao prerrománico no centro. Tamén se puideron ver en exposicións temporais no Museo do Prado (2016-2017) e no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela (2017-2018) e, en 2024, na mesma cidade na mostra 'Hospitalitas' da Fundación Las Edades del Hombre.
Segundo salienta a Deputación de Pontevedra "estas dúas estatuas están consideradas as máis notables das sete que se conservan da fachada exterior do Pórtico da Gloria". Orixinalmente atopábanse pegadas nas xambas desta fachada, de onde saíron en 1520 logo de obras de remodelación. O Museo de Pontevedra mercoullas en 1956 aos Condes de Gimonde. As pezas, de máis de 1,7 m de alto cada unha, exhíbense en dous soportes especialmente deseñados e doados ao Museo pola Fundación Barrié.
Entre os elementos que acompañarán as estatuas na exposición están laudas de estola e outros sepulcros altomedievais dos séculos V ao VII, capiteis de mármore e granito de San Salvador de Setecoros, o disco ornamental de Sabanle, o tímpano de Palmou, capiteis de Santa María de Bermés ou a escultura de San Pedro procedente de Santiago de Gres.
A recuperación destas estatuas para a exhibición pública coincide coa recepción no Concello de Santiago das estatuas de Abraham e Isaac creadas orixinalmente para este mesmo conxunto, e que se poderán ver no Museo do Pobo Galego a partir do 11 de decembro.