O Museo do Prado acolle desde hoxe unha exposición sobre o Mestre Mateo

Estará aberta ata o 26 de marzo de 2016

29/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Cabalos do séquito dos Reis Magos. Foto: Museo del Prado

O Museo do Prado, en Madrid, acolle unha mostra monográfica con traballos realizados polo Mesre Mateo para a catedral de Santiago que permite coñecer en profundidade un periodo moi importante para o edificio, comprendido entre os anos 1168 e 1211. Trátase de catorce pezas escultóricas da fachada exterior do Pórtico da Gloria e doutros puntos do templo e se poderá visitar no Prado ata o 26 de marzo. A exposición está organizada conxuntamente polo Museo do Prado, a Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral de Santiago.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Prado, Catedral, Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria...