As obras de reparación da fachada da Catedral permitiron localizar na torre sur, durante os traballos de desentullo, unha gran estatua-columna de 1'85 metros de altura que foi retirada no seu momento da fachada occidental, posiblemente cando se desmontou a fachada medieval que cubrÃa o Pórtico da Gloria no XVI. Trátase dunha figura tallada dunha soa peza, a finais do século XII ou principios do XIII, e da escola do Mestre Mateo. Será presentada oficialmente na exposición sobre este Mestre que se poderá admirar no Museo do Prado (Madrid) entre novembro e marzo e á que acudirán numerosas pezas procedentes da Catedral.