Por vez primeira, o Museo do Prado dedÃcalle unha exposición monográfica a un artista galego. O Mestre Mateo, escultor responsable da imaxinarÃa do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, foi o escolleito. Ramón Yzquierdo Peiró comisarÃa unha mostra na que se poderán ver dez esculturas orixinais deste creador, ademais de outras oito pezas contemporáneas. A iniciativa permitirá reunir material do escultor actualmente dispersas en diferentes institucións e coleccións particulares, entre elas as figuras que a familia Franco gardaba no Pazo de Meirás. A mostra, que poderá verse entre o 29 de noviembre e o 26 de febrero vindeiros, está organizada coa Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral de Santiago e conta coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura, o Xacobeo, o Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña.